Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Semana da froita

Do 20 ao 24 de marzo tivemos a segunda "semana da froita" deste curso.

Todos estes días repartiuse froita entre o alumnado nas merendas do recreo.

Esta iniciativa pretende fomentar o consumo destes alimentos entre os/as rapaces/as, mellorando os seus hábitos de alimentación. Mazá, pera, plátano, amorodo e mandarina foron as froitas de tempada escollidas nesta ocasión.

Nalgunhas clases aproveitaron para elaborar unha ensalada de froitas que encantou, incluso aos que non lles gusta a froita.

Animádevos a facelo na casa!!!!!

 

 
   

"O Segredo do Bosque"

O mércores, día 15, terá lugar a presentación do documental "O segredo do Bosque" , estreado fai poucos meses, ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta película obtivo o primeiro premio na Bienal Internacional de Cine Científico de Ronda.

O documental, rodado integramente en Guinea Ecuatorial, está inspirado nun conto africano que lanza unha mensaxe de protección á natureza.

Contaremos con Rocío Cadahía Fernández e Antonio Grunfeld Rius , responsable do guión e  director do filme respectivamente, para amosar esta historia aos nosos rapaces e rapazas e dar resposta ás súas preguntas e inquedanzas.

 

Festival Atlántica en Brión!!!

Como  vai sendo tradicional (quinta edición), o Festival  internacional Atlántica  de Narración Oral que se celebra ao longo dos días  15 ao 19 de marzo en Santiago,volve a recuncar no noso centro.

O programa deste ano é moi interesante!!!

Martes 14 marzo
Claudia Fonseca (Brasil) para Infantil (11 h.)
 
Mércores 15 marzo
Pablo Albo (Alicante) para 3º e 4º de Primaria (10:15 h.)
 
Venres 17 marzo
Sofía Maul (Madeira) para 1º e 2º  de Primaría (11 h.)
Vitor Fernandes de Trás Os Montes (Portugal) para 5º e 6º de Primaria (11 h.)
 

Día de Rosalia de Castro

O día 24 de febreiro ao chegar á escola, agardábamos unha sorpresa: A anpa Andaravía para conmemorar o nacemento da escritora galega montou un Photocall na entrada do centro.

Moitos nenos e nenas, pais e profes puideron fotografarse con carautas de Rosalía ou portando algún dos títulos das súas obras. As fotos quedaron moi divertidas!!!

Grazas a anpa do cole por dinamizar esta conmemoración!!!

Prazas Vacantes curso 2017/18

Vacantes para o curso 2017/18

Nivel  educativo                           

Nº de vacantes

    4º Infantil  50 (6 reservadas para alumnos con NEE)
    5º Infantil  16
    6º Infantil  2
    1º primaria

 2  (reservadas para alumnado con NEE)

    2º primaria  6
    3º primaria  0
    4º primaria  0
    5º primaria  13
    6º primaria  11

Entroido 2017

MADAMAS E GALÁNS EN PEDROUZOS

O pasado mércores, 15 de febreiro, visitáronnos dúas parellas de Madamas e Galáns de S. Adrián de Cobres. Bailaron dúas danzas tradicionais galegas para todo o alumnado.

As Madamas levaban moitos colares e ao bailar facÍan moito ruÍdo.

Despois, os de terceiro, fomos á biblioteca. Contáronnos como facían o traxe e fixémoslles moitas preguntas. Tamén nos explicaron: como se poñian os traxes, como facían o sombreiro, como cosían os abalorios, como se sacaban o traxe... Eran moi vistosos.

Algunhas das cousas que máis nos impresionaron foi que levaban moreas de abalorios por todo o corpo e que o sombreiro podía pesar ata 9 kg.

Alejandra e Laura S., alumnas de 3º

 

 

 

Os mandados do Entroido

Para ir quentando motores, estes son os mandados da próxima semana.

Xornada portas abertas

2 de marzo, ás 17 h. Biblioteca do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut