Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Antroido Curso 2012/2013

Un ano máis chegou o antroido e con el os disfraces e o festival do colexio.

Todas as titorías elixiron a súa vestimenta e logo coa axuda e organización do equipo de actividades extraescolares, e especialmente na aula de música montouse o festival.

Premendo na imaxe poderá acceder as galerías de fotos Tamén poden ver nas noticias de abaixo os videos de cada nivel educativo.

Somos centro ABALAR

Se o curso pasado o noso proxecto TIC foi seleccionado e subvencionado pola REDETIC da Consellería de Educación, neste curso 2010/11 implantarase o proxecto Abalar nas dúas aulas de 5º curso de Primaria.

Este proxecto implicará unha formación específica para o coordinador e o profesorado implicado.

Suporá a dotación de dúas aulas Abalar con Pizarras táctiles e proxectores, portátiles para os titores/as, miniportátiles para cada un dos alumnos de 5º curso (os portátiles serán propiedade do centro)  e un novo servidor de contidos.

Conseguimos o PLAMBE !

Publicouse no DOG (14/09/10) a resolución  da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares, segundo orde de 23 de abril de 2010 (DOG 7/05/10), coa relación de centros que se incorporan a este programa para o curso 2010/2011.
Tivemos a fortuna de ser un dos centros seleccionados neste plan e dotoúsenos con algo máis de 6.000 euros para desenvolver as  actuacións propostas no proxecto presentado.
Para poñer en marcha a nova andaina da biblioteca constituímos unha equipa de traballo formada por 14 profesores do centro, ademáis de contar coa colaboración de todo o claustro. Temos moita ilusión en dar un novo pulo a este espazo e convertilo no centro de información, comunicación, lecer e diversión do cole, aberto a toda a Comunidade Escolar.

Logo bibliotecas escolares de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut