Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

A caixa dos sentidos

"A caixa dos sentidos ": A través desta actividade os nenos e nenas de infantil identifican obxectos de pequeno tamaño empregando o oído, tacto e olfato. Cos ollos tapados, verbalizan as sensacións que perciben das cousas que collen da caixa.

Esta actividade  tiña como obxectivo facer aos nenos e nenas reflexionar sobre as estratexias complementarias para coñecer o mundo exterior, empregadas por aquelas persoas con algún tipo de déficit sensorial.

(ver fotos)

nenos xogando coa caixa dos sentidos caixas dos sentidos

 

Federación de Persoas Xordas de Galicia

A través do coñecemento do mundo da discapacidae, queremos fomentar entre o noso alumnado actitudes solidarias, de compromiso e respecto á diversidade que nos rodea.

A Federación de Persoas Xordas de Galicia, colaborou con nós, ofrecendo aos nosos alumnos e alumnas a oportunidade de achegarse ao mundo das persoas non oíntes e coñecer a maneira e as ferramentas que empregan para desenvolverse na sociedade e superar as barreiras  coas que se atopan.

Agradecemos a participación nestas charlas de Jaime, mestre de linguaxe de signos e de Carolina, interprete oral.  (ver fotos)

Video sensibilización sobre a discapacidade

Un dos grupos de quinto de primaria elaborou este vídeo como outra das accións que estamos a desenvolver en torno ao 3 de decembro, día da discapacidade. O obxectivo é transmitir a idea que a diferencia esta en todos os ámbitos sociais e dar visibilidade ás persoas con discapacidade, valorando a súa capacidade para superar as dificultades.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Só lles falta falar

Hoxe tivemos uns convidados moi especiais dentro das actividades organizadas para conmemorar o día da Discapacidade: Nove cans do club "Só lles falta falar" acompañados polos seus donos e coidadores.

María Sabell, especialista en comportamento animal, faloulle ao alumnado de segundo de Primaria do coidado, características e beneficios que estes animais poden ofertar a todas as persoas e especialmente a aquelas con algún tipo de discapacidade. En Compostela, onde a asociación está máis asentada, realizan programas de terapia nos que os cans son empregados como «mediciña» en determinadas patoloxías ou  incapacidades.

A experiencia foi magnífica, os nosos nenos e nenas acariñaron, cepillaron e pasearon a estes incribles amigos e puideron satisfacer  a súa curiosidade formulándolle todas as preguntas que quixeron a María, Pablo, Ana  e ós outros membros do club.

Moitas grazas a estes especiais amigos

(VER FOTOS)

 

Todos somos quen!!!

O 3 de decembro é o día internacional da discapacidade. Queremos facer visibles a todas aquelas persoas con esta condición  e sensibilizar ao noso alumnado sobre este tema, rompendo  as barreiras sociais que dificultan a integración destas persoas.

Ao longo de dúas semanas realizaremos actividades con este obxectivo: visualización de curtas, ciclo de cine, obradoiros e charlas, realización de lemas e carteis e exposición de materias da Once e bibliograficos.

Contaremos coa participación en charlas e obradoiros de varias organizacións que traballan neste campo: Once, Cogami, Federación de Xordos, So lles falta falar e Down Compostela. A todas elas o noso maior agradecemento.

(Imaxe cedida por Aceesca, asociación comarcal educación especial de Porriño)

logo da campaña

Cuestionario de convivencia 2015

Ligazón á páxina de CONVIVENCIA E XESTIÓN onde dispoñemos de información sobre o cuestionario enviado ás familias.

Magosto

Polo Magosto, castañas e mosto!!!

Todo o colexio participou na celebración desta festa. Dende moi cedo, estivemos traballando facendo os cucuruchos, cestiños ou caixas para as castañas, logo disfrutamos nos xogos: pita cega, bolos, tragacastañas, tira da corda, zancos,... os compañeiros de sexto foron os monitores. E por fin .... a comer as castañas que se estaban asando nas fogueiras.

Agradecer a colaboración do Concello de Brión que preparou o lume e a Anpa do cole que aportou os zumes cos que acompañamos as castañas. E por certo... estaban boísimas!!!!

(Ver máis fotos)

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Requisitos:
-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros
-Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
-As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.
-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (10 novembro de 2015)
-Máis información e impresos:
http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

Obradoiro creativo con Sonia Esturao

 

 

A artista plástica Sonia Esturao impartiu no noso Centro un obradoiro que forma parte do Programa desenvolvemento Creativo, que está a desenvolver o MAC ( Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ) en colexios e institutos.

O obradorio What eyes can´t see, impartido en inglés, consistitu nunha presentación inicial onde puidemos ver distintos exemplos de ilusións ópticas, que nos demostran que non sempre o que vemos é o que é na realidade. A continuación fixemos unha escultura de papel baseada nos conceptos presentados.

 

   

 

 

 MÁIS FOTOS DO OBRADOIRO

 

 

 

Ciclo de cine de Samaín

Ao longo desta semana teremos o noso xa clásico ciclo de películas de medo. As proxeccións teran lugar na biblioteca no recreo do comedor.

Distribuir contido


by Dr. Radut