Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Os de 3º fomos a Padrón e a Herbón.

 

 

O martes desta semana os nenos e nenas de 3º fomos de excursión a Padrón e a Herbón.

Primeiro visitamos a casa museo de Rosalía de Castro, onde nos puxeron un vídeo protagonizado por un moucho e catro obras de Rosalía, logo vimos unha exposición dos seus libros e despois leváronnos ver as habitacións da casa.

Máis tarde, visitamos o Xardín Botánico e puidemos observar unhas secuoias, plátanos de sombra, unha árbore procedente do Himalaia e palmeiras do Senegal.  A continuación, fomos parar a un prado para merendar, onde o noso autobús nos esperaba para ir a Herbón.

Cando chegamos a Herbón, camiñamos á beira do río Ulla e paramos nunha taberna con sala de proxección para escoitar unha explicación sobre as lampreas, que nos deron Nerea e Jessica, alumnas do IES Camilo Jose Cela de Padrón.

Despois da charla, subimos a unha horta de pementos de Padrón, e as mesmas rapazas que nos explicaron sobre as lampreas, contáronnos como se cultivan estes pementos e a súa historia. 

Ao final, chegamos a unha carballeira cun merendeiro onde tomamos a nosa comida e tivemos tempo libre para xogar.

Ao chegar á escola, déronnos a cada un unha planta dos famosos pementos de Padrón.

 

Sofía Álvarez Castro

   

 Mais fotos

 

Somos centro ABALAR

Se o curso pasado o noso proxecto TIC foi seleccionado e subvencionado pola REDETIC da Consellería de Educación, neste curso 2010/11 implantarase o proxecto Abalar nas dúas aulas de 5º curso de Primaria.

Este proxecto implicará unha formación específica para o coordinador e o profesorado implicado.

Suporá a dotación de dúas aulas Abalar con Pizarras táctiles e proxectores, portátiles para os titores/as, miniportátiles para cada un dos alumnos de 5º curso (os portátiles serán propiedade do centro)  e un novo servidor de contidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut