Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Xornada de portas abertas e fin de curso 2014

Información de interés para a comunidade escolar:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS FAMILIAS:

Luns 9 de xuño ás 17:00 h. Biblioteca do centro.

Informamos que o próximo luns 9 de xuño celebraremos a xornada de portas abertas no centro. Ás 17 h., na biblioteca do centro, convocamos unha reunión informativa, na que se exporán as liñas de traballo do centro, as normas e regulamentos, os servizos e as actividades complementarias. Remataremos cunha visita as instalacións do centro.
A segunda parte da reunión estará especialmente adicada ao novo alumnado de educación infantil, que será informado por profesorado dese ciclo.
A convocatoria é para toda a comunidade escolar, especialmente para as novas incorporacións.

Admisión provisional Comedor escolar 2014/15

Informamos que o número de solicitudes do servizo de comedor para o curso escolar 2014/15 supera a oferta en 55 prazas, polo que é necesario determinar unha lista de espera.

Certame Literario de Ames

O noso alumno Daniel Souto Pazó foi un dos gañadores do XI Certame Literario convocado polo Concello de Ames.

Na foto podemos ver a entrega dos premios na Casa de Cultura do Milladoiro o día 16 de Maio.

Parabéns Daniel!!!!

Paula Carballeira estivo no noso colexio.

 

O mércores desta semana estivo Paula Carballeira na biblioteca do noso colexio falándonos sobre o seu libro Casas. Contounos que para escribilo se inspirou en casas nas que viviu ou que lle gustaría vivir.

Despois preguntámoslle sobre a súa vida de actriz e escritora. Díxonos que as súas primeiras experiencias como contacontos foron cando lle contaba contos de medo aos seus irmáns, que por certo pasaban moito medo , o mesmo que pasamos nós cando nos contou un conto de medo dun home moi parvo que vendeu todo o que tiña e foi vivir a unha casa abandonada. Unha noite petaron na porta e era unha nena que lle pedía azucre. E así varias noites ata que unha noite lle preguntou á nena:

- Neniña, e ti non estarás morta?... Imaxinade como pode continuar...

 A historia gustounos moito e esperamos que Paula volva noutra ocasión ao noso colexio.

 Héctor Iglesias e Pablo Freire

 

Os de 3º fomos a Padrón e a Herbón.

 

 

O martes desta semana os nenos e nenas de 3º fomos de excursión a Padrón e a Herbón.

Primeiro visitamos a casa museo de Rosalía de Castro, onde nos puxeron un vídeo protagonizado por un moucho e catro obras de Rosalía, logo vimos unha exposición dos seus libros e despois leváronnos ver as habitacións da casa.

Máis tarde, visitamos o Xardín Botánico e puidemos observar unhas secuoias, plátanos de sombra, unha árbore procedente do Himalaia e palmeiras do Senegal.  A continuación, fomos parar a un prado para merendar, onde o noso autobús nos esperaba para ir a Herbón.

Cando chegamos a Herbón, camiñamos á beira do río Ulla e paramos nunha taberna con sala de proxección para escoitar unha explicación sobre as lampreas, que nos deron Nerea e Jessica, alumnas do IES Camilo Jose Cela de Padrón.

Despois da charla, subimos a unha horta de pementos de Padrón, e as mesmas rapazas que nos explicaron sobre as lampreas, contáronnos como se cultivan estes pementos e a súa historia. 

Ao final, chegamos a unha carballeira cun merendeiro onde tomamos a nosa comida e tivemos tempo libre para xogar.

Ao chegar á escola, déronnos a cada un unha planta dos famosos pementos de Padrón.

 

Sofía Álvarez Castro

   

 Mais fotos

 

Somos centro ABALAR

Se o curso pasado o noso proxecto TIC foi seleccionado e subvencionado pola REDETIC da Consellería de Educación, neste curso 2010/11 implantarase o proxecto Abalar nas dúas aulas de 5º curso de Primaria.

Este proxecto implicará unha formación específica para o coordinador e o profesorado implicado.

Suporá a dotación de dúas aulas Abalar con Pizarras táctiles e proxectores, portátiles para os titores/as, miniportátiles para cada un dos alumnos de 5º curso (os portátiles serán propiedade do centro)  e un novo servidor de contidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut