Con motivo da celebración do Día da Muller, o pasado 8 de marzo, organizamos un programa de charlas e obradoiros que se están desenvolvendo durante esta segunda quincena de marzo e onde a Luz estivese presente no seu ámbito formativo e/ou laboral.
- O martes, 17, visitounos Silvia García González, decana e profesora na facultade de Belas Artes de Pontevedra, dándolle unha conferencia ao alumnado de 5º de Primaria sobre “A luz coma materia prima na arte”.
- O mércores, 18, estiveron connosco Eva Núñez Pérez, farmacéutica de Brión, e Carmen Castro Martínez, astrofísica. Eva fixo un obradoiro co alumnado de 3º de Primaria, sobre a extracción dos pigmentos que conteñen as espinafres e Carmen obradoiros relacionados co eclipse que terá lugar o 20 deste mes.
Posteriormente,fixose unha exposición cos traballos realizados e que o alumnado explicou aos seus compañeiros e compañeiras da escola.
- Por último, o luns 23, o alumnado de 6º foi invitado polo profesorado do IES de Brión para realizar un obradoiro sobre “A construcción de cociñas solares”. Estiveron con eles Mª Luz Ramos , profesora de Tecnoloxía e Xavier Lorenzo Abalde, profesor de Plástica.
Agradecemos a todas/os a súa implicación.