Empezamos un novo repaso, e será sobre outro tema, común a 5º e 6º, a función de nutrición. Estes días estamos vendo o importante que é a nutrición para manternos sans e para recuperar a saúde se estamos enfermos. Vemos como para cada enfermidade hai unha dieta correcta, e as descompensacións na dieta provocan diferentes enfermidades.
Para ir repasando, déixovos aquí uns materiais para estudar os contidos relacionados coas funcións do corpo humanos, e específicamente a nutrición. Esta actividade repartirémola nas dúas semanas vindeiras.
Introducción: as funcións vitais:
https://www.youtube.com/watch?v=pc6UondCrJg
A dixestión:
https://www.youtube.com/watch?v=L9ZpQMPtLNI
Nesta reportaxe tendes a realidade da nutrición arredor do mundo. Lede os textos que acompañan ás fotos para entender como noutros lugares, seres humanos de diversos países e etnias, cumplen a súa función de nutrición. Pensade, cal sería a fotografía que mellor describiría o voso tipo de nutrición? Podedes enviala ó meu correo marcos.casas@edu.xunta.gal
https://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/grandes-reportajes/la-evo...
Un vídeo algo máis realista sobre o sistema dixestivo:
https://www.youtube.com/watch?v=DSQd_hVFmME
E para rematar, este pequeno set de quizz's. Cando rematedes un, dous ou todos, enviádeme unha captura de pantalla, ou simplemente escribídeme a puntuación que fostes capaces de conseguir en cada un (podedes repetilos ata que esteades satisfeitos). Lembrade que tendes dúas semanas.
Para dummies:
https://www.goconqr.com/quiz/13875569/2-1-3-evaluaci-n-nutrici-n-
Para os que algo saben:
https://www.goconqr.com/quiz/6775353/preguntas-de-nutricion
Para os enterados:
https://www.goconqr.com/quiz/16465572/1er-examen-nutricion
Para os que estiveron moooi atentos:
https://www.goconqr.com/quiz/13874664/2-1-1-evaluaci-n-sistema-digestivo...
Para expertos:
https://www.goconqr.com/quiz/7314218/q1-sistema-digestivo-i
Ánimo e saúde! Marcos