Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

Este curso 2019/2020,  a ANPA do colexio ten organizadas as seguintes actividades extraescolares en horario de tarde, entre as 16 e as 18 horas:

Os luns de 17 a 18, faise pintura na aula de 1º e 2º.

Luns e mércores de 16 a 17  hai actividades de patinaxe e prepatinaxe  para  primaria e infantil, que se desenvolven no pavillón polideportivo do IES A Sardiñeira.

Os martes e xoves hai baloncesto de 16 a 17 no Pavillón do IES.

Os venres faise a actividade de Natación na piscina municipal de San Amaro. Os nenos/as son recollidos ás 16h por un autobús que os devolve ás 18h no colexio.

Os venres de 16 a 17 hai Judo no Pavillón do IES da Sardiñeira.

 



page | by Dr. Radut