Skip to Content

TROFEO MIGUELITO DE IUDO

Este curso tamén se vai a celebrar o TROFEO MIGUELITO, aínda que con certas peculiaridades motivadas polas condicións que se están a vivir.

 

Este ano, o formato será "online", e a Federación Galega de Judo irá publicando contido nas súas redes sociais (facebook, Instagram, Twitter) para que os rapaces judokas poidan ir "preparándose" na casa  con titoriais de vídeo e contidos educativos (coma plantillas para colorear). Con todo isto, o día 31 de maio habilitarán un horario para conectar e poder participar no trofeo.

Os que participen, serán de seguro recompensados no comezo do próximo curso con algunha estrela que lles axudará a avanzar no cinto.

Para poder acceder, os que teñan usuario en redes sociais simplemente pódeno facer en "galiciajudo".

En todo caso, habilitaron un canal de difusión a través de "Telegram" no que poderedes ver toda a información e onde tamén irán colgando os titoriais e os contidos educativos. Se queredes utilizar esta opción, o máis fácil é descargar a aplicación de Telegram e buscar o canal:  https://t.me/edukajudo_cornide



page | by Dr. Radut