Skip to Content

Blogue de belen.ojea.gonzalez

Australia

Velika estivo en Australia estes días visitando o Rato Cornide e acordouse moito de nós. Trouxo un libro australiano de agasallo para a nosa biblioteca e explicounos cousas moi significativas deste país por medio dunha presentación para todo o cole moi divertida.

Cuba

Seguimos coas presentacións e investigaciós e esta vez... Cuba.

Percusión

Aproveitando o estudo de Ucrania a profe Silvia e os nenos e nenas da súa clase fixeron un espectáculo de percusión con música típica ucraniana que nos deixou a todos abraiados.

Presentación sobre Ucaína

Aproveitando os grandes coñecementos de Miguel sobre Ucrania, explicounos a través dunha presentación moi interesante as cousas máis significativas deste país que se atopa nunha situación tan complicada.

 

Brasil

Os máis maiores do cole traballaron Brasil preparando unhas exposiciós moi interesantes

Concurso sobre os animais

Co traballo sobre Australia os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria prepararon un concurso con preguntas sobre a fauna deste país. Os cativos do Cornide o fixeron ben, ben, requeteben!!

Scape room

Todo o centro participou nun scape room sobre o aprendido no proxecto no cal tiveron que utilizar moitas destrezas. Búsqueda de libros na biblioteca, búsqueda de información en atlas, xogos de pistas e lóxica agochados entre os xogos da biblioteca...

     

 

 

Exposición sobre China

Os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º explicáronnos moi ben as cousas máis características de China nunha presentación moi divertida

 

Mural de China

Os mais pequeniños e pequeniñas do cole comezaron a preparar a súa actuación sorpresa para fin de curso. Para tal fin prepararon un decorado moi especial.

Mural mapa mundi

Seguimos co noso proxecto e esta vez creando un mural colaborativo onde os nenos e nenas dos diferentes cursos iremos decorando e enchendo de vida os diferentes lugares do mundo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut