- Entradas en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Fotografías en Twitter co candelo #Xclubslecturagal
- Vídeos en Twitter co cancelo #Xclubslecturagal
- Emisións en directo en Twitter baixo o cancelo #Xclubslecturagal
- A xornada no Portal Educativo
- Un dos intres máis emotivos na sesión final con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Crónica de Ramón Nicolás en "Caderno da crítica"
- Recensión da xornada na TVG -- La Voz de Galicia
- Crónica do escritor e editor Francisco Castro en "A canción do náufrago": Hai futuro
- Columna de opinión de Óscar López, xornalista cultural, en El Periódico (cat) - cast
Actualidade
X Xornada dos Clubs de lectura en prensa e redes sociais
Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2017/2018
O 2 de xuño publica o DOG a Orde de 19 de maio de 2017 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018.
Incorporarase un mínimo de 25 centros públicos e un máximo de 10 centros concertados, que se engadirán aos 615 centros que neste momento forman parte do PLAMBE, un programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, através do cal se estimula a renovación das bibliotecas escolares, mudando as antigas bibliotecas en espazos creativos de aprendizaxe ao servizo do centro e da comunidade educativa, nos que a lectura e o traballo coa información, así como a educación para as competencias informacionais e mediáticas, son os principais ámbitos de actuación e onde se da cabida tamén á creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e, tamén, a construción do coñecemento de xeito compartido. As solicitudes de nova incorporación ou de continuidade deben presentarse no anexo I da convocaroia, xunto coa documentación correspondente, ata o 3 de xullo de 2017 inclusive.
X Xornada dos Clubs de lectura: unha década a prol da sociedade lectora.
Até o 2 de xuño está aberto o período de inscrición para os lectores e lectoras, a través dun formulario web posto a disposición do profesorado coordinador, que será quen os acompañe nesta actividade.
Letras Galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.
Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2017, incorporan a Carlos Casares ao seu equipo de biblioteca, pois hai na súa obra textos fantásticos para poñer nas mans de nenos e nenas, textos para cuestionar o mundo cos adolescentes, textos para a reflexión e mirada diverxente, textos para facer lectores en galego. Desde pequeniños, que así nolo demostran na EEI de Barrionovo (Arteixo), onde fixeron "acuarelas para Carlos Casares" como a que ilustra esta entrada. Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2017:
- CEE Miño (Ourense):Celebración das Letras con recursos adaptados
- CEIP Albino Núñez (Ourense): Actividades do Día das Letras
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo): Actividades do Día das Letras
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Feirón das Letras
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Día das Letras Galegas
- CEIP Coirón - Dena (Meaño, Pontevedra): Toribio
- CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense): Liña do tempo Casares
- CEIP O Coto (Negreira, A Coruña): Día das Letras galegas
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Actividades sobre Carlos Casares
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): Actividades do Día das Letras
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): Día das Letras galegas
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo): Festa das Letras Galegas
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): As laranxas seguen sendo as máis laranxas
- CEIP A Pontenova (A Pontenova, Lugo). Actividades do Día das Letras
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra): Representación d´As laranxas...
- CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás, Ourense): Actividades das Letras Galegas
- CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa): Letras Galegas 17
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Festival das Letras
- CEIP Sagrado Corazón (Lugo): Kamishibai
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Presentación sobre Casares
- CEIP de Seixo (Marín, Pontevedra): Booktubers de Seixo
- CEIP Valverde Mayo (Mos, Pontevedra): Actividades sobre Carlos Casares
- CEIP P. Virxe do Carme (Sober, Lugo): Actividades do Día das Letras
- CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra): Actividades do Día das Letras
- CEP de Campolongo (Pontevedra): Recursos sobre Casares; Letras galegas 2017; Dramatización
- CPI Antonio Faílde (Coles, Ourense): Día das Letras
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Letras galegas
- CPI de Mondariz ( Mondariz, Pontevedra): Recomendacións lectoras
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Actividades Letras galegas
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña) : Folliña voandeira de Carlos Casares
- CRA Mestra Clara Torres (Tui, Pontevedra): Recursos para as Letras Galegas
- CRA de Rianxo (Rianxo, A Coruña): A galiña azul
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Viaxamos pola galaxia Casares ; Acuarelas; Liña do tempo ; Guía de lecturas; vídeo; teatriño de sombras
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Actividades sobre Carlos Casares
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense): Día das Letras galegas
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): Presentación sobre Carlos Casares
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Actividades sobre Casares
- IES Johán Carballeira (Bueu, Pontevedra): Actividades para o Día das Letras galegas
- IES Laxeiro (Lalín, Pontevedra): Xogando coas Letras
- IES Lucus Augusti (Lugo): Exposición de fondos e microrrelatos
- IES Marco de Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra): Xogo sobre Casares para o móbil
- IES de Monelos (A Coruña): Día das Letras galegas
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo): 17 libros para o 17
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo): Cantando a Carlos Casares
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Actividades Día das Letras
- IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña): Apadriñamentos lectores co CEIP Nicolás del Río
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Apadriñamentos lectores
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): Semana das Letras 2017
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña):Exposición, maratón de lectura d´O Principiño e revista ilustrada
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Liña do tempo; Casares en 25 diapositivas
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Charla de Antón Riveiro Coello
Telexornal "Carlos Casares" desde o CPI dos Dices
Actividades do Día do Libro nas bibliotecas escolares galegas
Arredor do 23 de abril principalmente, pero durante todo o "mes dos libros" as bibliotecas escolares galegas ferven de actividade e espallan por aulas, corredores e patios o pracer da lectura. Velaquí algúns exemplos:
- CEE Miño (Ourense): Vídeo Día do Libro
- CEIP P. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra): Kamishibai
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Actividades do día do libro
- CEIP Coirón- Dena (Meaño, Pontevedra): Da man de Gloria Fuertes
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Actividades do Día do Libro
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Actividades do Día do Libro
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Actividades do Día do Libro
- CEIP de Figueiroa (A Estrada, Pontevedra): Semana do Libro
- CEIP do Hío (Cangas, Pontevedra): Mannequin challenge
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): Día do Libro
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): Lecturas compartidas - Programa
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Actividades do Día do libro
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense): Actividades do Día do libro
- CEIP Pena de Francia ( Mos, Pontevedra): Actividades do Día do libro
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Abril, mes do libro
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo): Actividades do Día do Libro
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): Actividades para o Día do LibroSomos arquitectos!
- CEIP A Pontenova ( A Pontenova, Lugo): Semana do libro en Biblionova
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra): Mes dos libros
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Apadriñamento lector
- CEIP Ramón de Valenzuela( Silleda, Pontevedra): Día do Libro
- CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo): Apadriñamentos lectores
- CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás, Ourense): Actividades do Día do Libro
- CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Vídeo Día do Libro 2017
- CEIP Sagrado Corazón (Lugo): Actividades do Día do Libro
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Actividades do Día do Libro
- CEIP Sárdoma-Moledo ( Vigo, Pontevedra): Vídeo " A Biblioteca"
- CEIP Torre-Illa (A Illa de Arousa, Pontevedra). Boookcrossing e xeolocalización
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Actividades do Día do Libro
- CEIP Virxe do Carme (Sober, Lugo):Actividades do Día do Libro
- CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra). Actividades do Día do Libro
- CEP de Campolongo (Pontevedra): Lectura colectiva
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón, A Coruña): Recomendacións para o 23 de abril
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Selección de lecturas
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): Apadriñamento lector
- CPI Progreso (Catoira, Pontevedra). Un quilo, un libro
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Recomendacións lectoras dos booktubers
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Vida e obra de Roald Dahl
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura - Vídeo " Día do Libro"- Programa
- EEI de Vilarrodís-Oseiro (Arteixo, A Coruña)
- IES Ánxel Fole (Lugo): Actividades para o Día do Libro
- IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra): Vídeo Día do libro
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): Música nos libros 1- Música nos libros 2
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Día do Libro
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Vídenos ler
- IES Johán Carballeira (Bueu, Pontevedra): Semana do libro
- IES Julio Prieto Nespereira (Ourense): Tríptico do Día do Libro
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Actividades do Día do Libro
- IES de Monelos (A Coruña): Celebración do Día do Libro
- IES Monte das Moas (A Coruña): Actividades para o Día do Libro
- IES O Mosteirón (Sada, A Coruña): Visita a unha libraría
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo): Actividades do Día do Libro
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Actividades do Día do Libro
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Libros viventes
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): Actividades da Semana do Libro
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Día do Libro
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Lembrando os libros como territorio da escultura
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Volta ao mundo en 80 libros (e algún máis)
- IES Urbano Lugrís ( A Coruña): Actividades do Día do Libro
- IES de Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra): Guías de lectura
- IES Xoán Montes (Lugo): Face & Books no Día do Libro
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Día do libro
- Centros escolares de Cedeira (A Coruña)
Premio dos Clubs de lectura 2017 para Miguelanxo Prado
Proxecto Escornabots na biblioteca escolar - 2017
O Portal Educativo publica a Resolución de 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o Proxecto Escornabots na biblioteca escolar para o ano 2017, no contexto do Plan LÍA 2016/2020. Esta iniciativa, que botou a andar no ano 2016, ten dados excelentes resultados nos 20 centros integrados até o momento no proxecto piloto (En breve, difundirase o informe de valoración cos resultados do primeiro ano do programa).
Poderán participar os centros públicos, de titularidade da consellería, ntegrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2016/2017 e, así mesmo, poderán solicitar a súa continuidade os centros xa integrados. Seleccionaranse un total de 20 centros de nova incorporación entre as solicitudes presentadas. Para a selección terase en conta a valoración acadada na memoria PLAMBE do curso 2015/2016 (ou proxecto, no caso dos centros novos no PLAMBE). Terán prioridade, en igualdade de condicións, os centros situados en concellos de ámbito rural. A participación neste programa conleva un compromiso de participación nas actividades formativas previstas na convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de abril.
Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares
- Obxectivos xerais do Plan LÍA de bibliotecas escolares
- Unha ducia de desafíos, ou retos que cómpre abordar
- Liñas de acción e medidas concretas.
IV Concurso de Traballos por Proxectos. Convocatoria 2016/2017
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 10 de marzo de 2017, pola que se convoca o IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS (coordinados ou coa participación da biblioteca escolar) destinado a centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Poderanse presentar traballos realizados durante o curso 2016/2017, nalgunha das seguintes modalidades:
- Proxectos de carácter interdisciplinario (os chamados Proxectos Documentais Integrados), coordinados desde a biblioteca escolar, que conten cunha participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou cun 40% dos departamentos).
- Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, coas seguintes sub-modalidades: Traballos de grup/nivel - Traballos de ciclo/departamento - Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO "Investigación e Tratamento da Información", ou noutras materias equivalentes de ESO ou primaria.
- Proxectos de investigación inter-centros, promovidos desde as bibliotecas de até un máximo de 3 centroS (nova modalidade).
Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2016/2017
Os vindeiros 16 e 17 de marzo o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá unha vez máis os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. Coma en anos anteriores, está convocado para a primeira xornada o profesorado dos centros que se incorporaron a este programa no curso 2016/2017, así como unha treintena de coordinadores da biblioteca do seu centro que son novos nesta responsabilidade. Xa na segunda xornada, o 17 de marzo, reuniranse os responsables da biblioteca da totalidade dos centros Plambe, que neste curso inclúe 615 bibliotecas (605 centros públicos e 10 centros privados concertados).
En tempos de evolución e cambios profundos no ámbito social e educativo cómpre empregar utensilios ben calibrados para acertar no rumbo a seguir; imponse a necesidade de estudar ben as direccións dos ventos e a súa intensidade; é obrigatorio dotarse de argumentos e razóns para seguir adiante nos camiños de innovación encetados e sortear, así, perigos diversos. O faro como símbolo da luz e o coñecemento tense empregado para referirse ás bibliotecas. Reivindicámolo aquí tamén como invento humano imprescindible para guiarse na escuridade: o mesmo que a biblioteca escolar.
8 de marzo, e seguimos a traballar pola igualdade
As bibliotecas escolares, na súa actividade cotiá, brindan moitas oportunidades para practicar e aprender a vivir e medrar en igualdade. Pero iso só é posible cando o equipo de biblioteca é consciente do seu papel "regulador" das circunstancias para que estas sexan favorables. O profesorado ha estar atento e intervir cando "eles" pretendan copar os equipos informáticos (por exemplo) ou cando "elas" se retraian e non tomen a iniciativa cedendo o espazo que lles corresponde. A selección de lecturas e outros materiais para a colección da biblioteca é unha decisión clave tamén, e cando non se fai con intención coeducadora pódense colar os ventos da desigualdade polas catro esquinas porque a gran industria editorial ou audiovisual serve a outros intereses. Empoderar é posible tamén desde a biblioteca escolar. O espazo manipulativo (robótica, inventos, espazo creativo...) é unha oportunidade máis da biblioteca ao servizo da igualdade.
Compartimos unha achega bibliográfica sobre coeducación que fixemos para o Salón do Libro de Pontevedra 2017.
Velaquí algunhas actividades das bibliotecas escolares galegas arredor desta data:
- CEIP Antonio Pedroso Latas (Viveiro, Lugo): Día internacional da muller adicado a Maruja Mallo
- CEIP Canosa- Rus (Coristanco, A Coruña): As protagonistas sodes vós
- CEIP Couceiro Freijomil ( Pontedeume, A Coruña): Día da Muller
- CEIP Feliciano Barrera ( Ponteareas, Pontevedra): Día da Muller
- CEIP P. de Frións (Ribeira, A Coruña): Vídeo do Día da Muller
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): Día internacional da Muller
- CEIP Sagrado Corazón (Lugo): Todos os días son 8 de marzo
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Mulleres do mundo
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): Día da Muller
- CPI das Revoltas ( Cabana de Bergantiños, A Coruña): Guía de lecturas
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura do 8 M. Camiñando cara á igualdade ; Unha de teatro
- EEI Vilarrodís - Oseiro (Arteixo, A Coruña): Mulleres traballadoras, mulleres creadoras
- IES Ánxel Fole (Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): As mulleres nas Ciencias ; Guía de lectura
- IES David Buján (Cambre, A Coruña). Mes das Mulleres
- IES Félix Muriel ( Rianxo, A Coruña): Día da Muller
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Exposición fotográfica no Día Internacional da Muller ; Educando na igualdade: Día Internacional da Muller
- IES Miguel A. González Estévez (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Performance en Bibliomalveiras
- IES A Pinguela (Monforte, Lugo): Día da Muller
- IES Porto do Son (Porto do Son, A Coruña): Rescatando a Maruxa Mallo das augas da invisibilidade
- IES Rafael Dieste (A Coruña):Día da Muller Traballadora
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Cine en feminino; Mulleres científicas; Arte en feminino; Muller territorio da escultura; Muller territorio da pintura galega; Sétima arte: galega e feminina
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Visibilizando a muller na Ciencia
- IES Xoán Montes (Lugo): Mulleres simbólicas
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Día da Muller
Medremos co libro!
Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e con el unha das datas máis significativas para os mediadores e mediadoras de lectura, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado. Tamén está accesibe en inglés e ruso a través da páxina de Ibby.
Coma en anos anteriores, GALIX anima a centros escolares, bibliotecas e librarías a colaborar na difusión desta mensaxe. Así mesmos, as bibliotecas e centros educativos poden participar no concurso "Andersen hoxe" que para a celebración deste día organizan a OEPLI e todas as súas seccións. Pódese acceder a toda a información nesta ligazón.
24 de febreiro, Día de Rosalía
O Calendario do Libro e da Lectura 2017 que publica a Secretaría Xeral de Cultura recolle o día 24 de febreiro como o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Hai xa tempo que as bibliotecas escolares veñen celebrando o DÍA DE ROSALÍA nesta data a instancias da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Así Rosalía vive na voz de nenas e nenos que recitan os seus poemas; as mozas e mozos descubren nos seus versos á muller que é, como ben di Ledicia Costas no seu Manifesto polo Día de Rosalía, "unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda".
Velaquí algúns exemplos da actividade que percorre estes días as bibliotecas escolares galegas:
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro, Viveiro, Lugo): Rosalía-Te
- CEIP Campolongo (Pontevedra): Proposta para o Día de Rosalía
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Día de Rosalía
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra): Inspir-ARTE con Rosalía
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Rosalía-Te
- CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas, Pontevedra): recitado da Alborada
- CEIP Lamas de Abade (Santiago, A Coruña): Poemas musicados de Rosalía
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense): Mannequin challenge
- CEIP P. A Pedra (Bueu, Pontevedra): Recitado de poemas
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): #RosalíaTe
- CEIP P. da Pontenova (A Pontenova, Lugo): Día de Rosalía
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Día de Rosalía
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Felicidades Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): #RosaliaDos
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Recitado de poemas
- CPI Antonio Faílde ( Coles, Ourense): Día de Rosalía
- CPI P. Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Rosali-arTE
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Día de Rosalía
- CPR Valle Inclán (Ferrol, A Coruña): Propostas para o Día de Rosalía
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): #Rosalía-te: Día de Rosalía de Castro 2017
- IES Concepcíon Arenal (Ferrol, A Coruña): Recitado de poemas
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Concurso de ilustración dun poema de Rosalía
- IES Fontexería ( Muros, A Coruña): Mannequin Challenge
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra): Libros ás rúas 2017
- IES Laxeiro ( Lalín, Pontevedra): Mannequin Challenge A xustiza pola man
- IES Nº1 (Ribeira, A Coruña): Mannequin Challenge
- IES A Pastoriza ( Arteixo, A Coruña): #RosalíaTe Mannequin Challenge
- IES Pazo da Mercé (Biblioteca Rosalía de Castro) (As Neves, Pontevedra): Exposición sobre Rosalía
- IES Salvador de Madariaga: Mannequin Challenge
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Rosalía, territorio da escultura
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña): Recital poético
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Mannequin Challenge "Aquí e agora"
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Recitado de poemas
Bibliotecas escolares, espazos educativos contra a violencia de xénero
Fóra das aulas hai, nos centros, dous espazos privilexiados para traballar os valores de igualdade: o patio de xogos e a biblioteca escolar. As bibliotecas escolares son lugares únicos para a aprendizaxe da convivencia e dos valores democráticos, de igualdade e de cidadanía.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. Ao igual que nos asuntos da Cultura de Paz ou no fomento da lectura, de nada sirven aquí os globos de colores, é urxente ír ao cerne dos asuntos e desenmascarar as verdaderas causas da violencia de xénero. A literatura, a poesía, sempre nos vai axudar, pero o profesorado das bibliotecas escolares bota man da imaxinación e xorden actividades creativas de moito interese por todos os recunchos. Velaquí algúns exemplos:
- CEIP Campolongo (Pontevedra): Cadea humana contra va violencia de xénero (centros de Pontevedra) -- 25 de novembro na escola e na rúa
- CEIP de Cespón (Boiro): Actividades Día Internacional contra a violencia de xénero
- CEIP P. Covas ( Viveiro):Mannequin challenge STOP á violencia de xénero
- CEIP Espiñeira (Cangas): Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller
- CEIP Pena de Francia (Mos): Conmemorando o25 de novembro
- CEIP A Pontenova (A Pontenova): A Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
- CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober): Mannequin challenge para o 25 de novembro contra a violencia de xénero
- CPI A Cañiza (A Cañiza): Proposta de traballo e ecursos para o 25N
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños): Rompendo cos estereotipos (25 novembro)
- CPI P. Cabo da Area (Laxe): Spotify 25N
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal): A Quinta contra a violencia de xénero
- CPI de San Sadurniño (San Saduniño): Recursos para o Día Internacional contra a violencia de xénero -- Actos no Día contra a violencia de xénero
- EEI Barrionovo (Arteixo): Contando en feminino -- EncontXo con "A nena da tela" (sobre Louis Bourgeois)--Xuntando retallos de vida -- Instalación (tea de araña)-- Guía de lectura 25N: Tecendo... -- E as palabras retomaron o tecido
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Selección de materiais contra a violencia de xénero - Carteis contra a violencia de xénero
- IES Johán Carballeira (Bueu): O Johán Carballeira detense para deter a violencia contra a muller
- IES Lamas de Castelo (Carnota): Frases contra a violencia de xénero -- Actividades 25N
- IES Laxeiro (Lalín): O IES Laxeiro, contra a violencia de xénero, un ano máis
- IES Lucus Augusti (Lugo): Día contra a violencia de xénero
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Día Internacional contra a violencia de xénero 1 -- 2 -- 3
- IES Monte Neme (Carballo): Mural en contra da violencia de xénero
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos): Día contra a violencia de xénero (perfomance)
- IES Pino Manso (O Porriño): Día contra a violencia de xénero
- IES de Porto do Son (Porto do Son): Black Friday IESON -- 25 de novembro. Venres negro
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Escoitas o que escoitas? Día contra a violencia de xénero
- IES San Paio (Tui): Con V de vídeo e violencia -- Selección de arte contra a violencia de xénero
- IES Universidade Laboral (Culleredo): 25N: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller
- IES Xograr Afonso Gomez de Sarria (Sarria): Contra a violencia de xénero
Materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
Están xa dispoñibles en RedeBE para todo o profesorado interesado os materiais das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas en Compostela os pasados 18 e 19 de novembro. Tamén estarán, en breve, os vídeos das diferentes intervencións.
- RedeBE: VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia (éntrase como convidado sen contrasinal)
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 18/19 novembro
Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de 10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía, a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Até o día 23 de outubro está aberto o prazo de inscrición en FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ empregando a referencia G1602011.
As candidaturas que desexen inscribirse na actividade "A fume de carozo" deberán remitirse até o 25 de outubro.
- PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS "A FUME DE CAROZO"
- PROGRAMA
- CENTROS SELECCIONADOS PARA ACTIVIDADE "A FUME DE CAROZO"
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares- 2016
A ciencia debera estar en galego en calquera día do ano, pero como chamada de atención, ben sirva esta proposta de celebrar un mes dedicado á ciencia en galego nas bibliotecas; tamén nas bibliotecas escolares. Velaquí algunhas das actividades que se levan a cabo nos centros galegos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, por mor desta proposta normalizadora:
- EEI Barrionovo (Arteixo): Guía de lectura: Queremos Ciencia en Galego
- CEIP de Cervo (Cervo): Experimentos científicos e proxectos "maker"
- CEIP de Guillarei (Tui): Experimentando coas cores -- Compromiso coa terra(con Chus Lago e Vero Boquete)
- CEIP Santa Baia (Boiro, A Coruña): Mes da Ciencia na Baiabiblio
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco): Mes da ciencia en galego na biblioteca: robótica no recuncho "Faino ti mesmo" - Recomendación de lectura no mes da ciencia
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños): Exposición de carteis de Ciencia - Guía de lectura de ciencia en galego
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña) :Guía sobre ciencia A beleza do Universo
- IES Ánxel Fole (Lugo): Celebrando o mes da ciencia en galego
- IES Carril (Vilagarcía de Arousa): O espazo verde do IES Carril
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Pola súa parte, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantéñense estes dous espazos con recursos para a ciencia en galego:
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2016
O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en apoio da presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor".
O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares.
- DÍPTICO "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas"
- MANIFESTO de Isabel Aguirre de Urcola. Arquitecta.
Resolución provisional Convocatoria Plan de mellora de bibliotecas escolares 2016/2017
O Portal Educativo publica hoxe, 28 de xullo, a resolución provisional da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/2017, coa relación de centros que se incorporan a este programa. Esta relación poderá verse ampliada na resolución definitiva (no apartado de centros públicos), na medida en que se produzan renuncias ou baixas dalgún dos centros integrados até este momento no PLAMBE, tal e como se contempla na Orde de 23 de maio de 2016, de convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares-2016/2017 (DOG de 08/06/2016). A resolcuón definitiva publicarase en setembro no DOG e recollerá a totalidade dos centros integrados (615) xunto coas contías asignadas a cada centro.
Deixounos Agustín Fernández Paz
Vimos de coñecer a nova do falecemento de Agustín Fernández Paz. Seguirá connosco sempre.
Concedidos 6 Selos "Biblioteca Escolar Solidaria"
O Portal Educativo publica a Resolución de 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dan a coñecer os centros aos que se concede o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" neste ano 2016, no contexto do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, unha iniciativa que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Entre as candidaturas presentadas, obteñen este Selo os centros seguintes:
- CPI P. Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña)
- CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
- CEIP Espedregada, de Poio (Pontevedra)
- IES de Poio, Poio (Pontevedra)
- CEIP de Parada-Campañó, de Pontevedra (Pontevedra)
- IES de Vilalonga, de Sanxenxo (Pontevedra)
Premio dos Clubs de Lectura 2016 para Ledicia Costas
A escritora Ledicia Costas acadou o Premio dos Clubs de Lectura 2016, segundo se contempla na Resolución do 23 de abril do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, publicada o mesmo 23, Día Mundial do Libro, no Portal Educativo.
Con este premio, creado en 2015, a Consellería de Cultura, Educación e O.U. quere recoñecer a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandonno, ao ampliarse ao abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego.
O premio recoñece ao autor ou autora máis lido polos clubs de lectura de ensino secundario que participan no programa de Clubs de lectura desta consellería. Revisadas as memorias de actividades destes clubs así como as lecturas realizadas no pasado curso, a vista da relación de autores máis lidos polos clubs nese curso 2014/2015, e tendo en conta os requisitos do premio, concedeuse este galardón á escritora LEDICIA COSTAS, autora de títulos moi variados tanto en xénero como en contido, que concita o interese dun grande número de lectores e lectoras de todas as idades. Os títulos máis lidos desta autora polos clubs no pasado ano foron: O corazón de Xúpiter, Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento.
Ledicia Costas participará na vindeira IX Xornada dos Clubs de Lectura que terá lugar en Compostela o 10 de xuño, coa participación do profesorado que coordina os clubs de lectura en 239 centros con ensinanzas de secundaria, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas ou de réxime especial (CMUS ou Escolas Oficiais de Idiomas), durante o presente curso, e no transcurso desta xornada seralle entregado o galardón co recoñecemento do profesorado e, por el representados, das lectoras e dos lectores.
Día Mundial do Libro 2016: "Os libros son para valentes" Pedro Feijoo
Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."
- Mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor - 2016
- DÍPTICO do DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
- TEXTO de Pedro Feijoo
- CEE de Miño (Velle, Ourense)
- CEIP Alexandre Bóveda (Vigo, Pontevedra)
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo)
- CEIP A Pontenova ( A Pontenova, Lugo)
- CEIP As Solanas (A Guarda, Pontevedra)
- CEIP Barrié de la Maza ( Santa Comba, A Coruña)
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada, Pontevedra)
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña)
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña)
- CEIP Coirón-Dena (Meaño, Pontevedra)
- CEIP de Conmeniño (O Grove, Pontevedra)
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Eladia Mariño (Cabanas, A Coruña)
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense)
- CEIP de Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense)
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra)
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira, A Coruña)
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo , Pontevedra)
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra)
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra)
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense)
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense)
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña)
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo)
- CEP Altamira (Salceda de Caselas, Pontevedra)
- CEP de Campolongo (Pontevedra)
- CPI Antonio Orza Couto ( Boqueixón A Coruña)
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra)
- CPI Cruz do Sar (Bergondo, A Coruña)
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense)
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña)
- CRA Mestre Manuel Garcés ( Tomiño, Pontevedra)
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)--Os libros son para valentes
- EEI de Vilarrodís - Oseiro (Arteixo, A Coruña)
- IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra)
- IES As Bizocas (O Grove, Pontevedra)
- IES Basanta Silva (Vilaba, Lugo)
- IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense)
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña)
- IES Dionisio Gamallo (Ribadeo, Lugo)
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
- IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña)
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña)
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo)
- IES Lamas de Castelo (Carnota, A Coruña)
- IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra)
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- IES Moncho Valcarce (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra)
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra)
- IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- IES Terra de Soneira (Vimianzo, A Coruña)
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña)
- IES Xoán Montes (Lugo)
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo)
- Colaboración do IES Porto do Son cos colexios de Portosín, Sobrado-Nebra, Campanario, Caamaño, Carballosa, Seráns e Xuño e a Biblioteca Municipal