Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2017

Este martes 16 de maio celebramos no cole as LETRAS GALEGAS 2017. Este ano adícanse a Carlos Casares. 

Pola maña recibimos no cole á nosa veciña e escritora Monse Fernández Álvarez que nos veu contar e falar sobre o seu libro GORCA RETE.

Pola tarde tivemos unha Presentación sobre o autor homenaxeado, Carlos Casares e unha obra de teatro lida, A GALIÑA AZUL.

Rematamos o día celebrando o aniversario da nosa mascota da Biblionova, Gusileo, que cumpriu 6 aniños xa. Bailamos a súa canción, cantámoslle o cumpleanos feliz e sopramos as velas. Antes de marchar para a casa merendamos e bailamos todos no patio.



page | by Dr. Radut