Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo

Postos ofertados:

- 2ºciclo de Educación Infantil: ata 25 alumnos por unidade

- Educación Primaria: ata 25 alumnos/as por unidade

* O alumnado actualmente matriculado neste centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON require unha nova solicitude de admisión.

 

Servizos Complementarios:

- Comedor

- Transporte

 

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN?

SOLICITUDE ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Prezadas familias,

dende hoxe, e ata o vindeiro venres 7 de xullo poderán presentarse as solicitudes de comedor escolar para o curso 2023-2024 en horario de 10:00 a 13:00 no CEIP Plurilingüe A Pontenova.

Así mesmo, aquelas familias que non poidan tramitalas de xeito presencial, poderán enviar a solicitude ao seguinte enderezo electrónico ceip.pontenova@edu.xunta.gal co compromiso de entregar a documentación orixinal entre o 1 e o 8 de setembro.

REVISTA ATURUXO 2022-2023

BOAS VACACIÓNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

AQUI VOS DEIXAMOS O ENLACE PARA ACCEDER Á NOSA REVISTA ATURUXO DO PRESENTE CURSO:

https://www.calameo.com/read/0055618845904d679eea3

 

QUE DISFRUTEDES MOITO DAS VACACIÓNS E DA NOSA REVISTA!!!!

1º e 4º DE PRIMARIA A RECIBIR SENDOS PREMIOS

O pasado mércores o alumando de 1º e 4º de educación primaria visitaron o CENTRAD (Centro de Artesanía e Deseño) para participar en dúas actividades:

- Mostra guiada na que coñeceron un dos fondos instrumentais máis ricos de Galicia

- Un obradoiro no que o alumnado participou na construción dun asubío.

Paticipamos nesta actividade xa que dous dos nosos alumnos que participaron no Certame de debuxo para o CELME de Zanfona 2023 coa recreación dun vitral emparellado con zanfona e outros instrumentos obtiveron uns premios. Parebéns a Lorenzo Uría, de 1º e a Damián Rodríguez de 4º e a todo o alumnado participante polos seu esforzo e participación.

CHARLA DGT

O pasado mércores tivemos no cole a visita de membros da Dirección Xeral de Tráfico para realizar diferentes actividades no coler: charlas informativas e de concienciación, visita dun coche da Garda Civil de Tráfico e préstamos de bicicletas para realizar prácticas de boa circulación. Moitas grazas ao persoa de Tráfico pola súa prsenza.

Aquí tedes algunhas fotos:

 

Proxecto CPInnova EDUsaúde

 

CP INNOVA | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

Sana el hoy, vive el mañana

Ao longo deste curso, o noso centro formou parte do proxecto EDUsaúde no que se desenvolveron actividades para fomentar, entre o alumnado, a adquisición de hábitos alimenticios saudables.

Coa colaboración de "Sana el Hoy" e Tamara Miranda, puxéronse en marcha 4 obradoiros nos que se realizaron actividades coma as que podedes consultar nos arquivos que se achegan.

 

ATREVETE

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron a unha visita ao CIFP Politécnico de Lugo, dentro do PROGRAMA ATREVETE, onde lles informaron sobre as distintas ensinanzas que alí se ofrecen. Descubriron moitas cousas novas.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe todo o Cole xunto co IES quixemos facer presente a nosa testemuña no DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO  e fixémolo na praza dos Fornos.

Aqui tedes algunhas fotos:

Distribuir contido


by Dr. Radut