Skip to Content

Complementarias

1º e 4º DE PRIMARIA A RECIBIR SENDOS PREMIOS

O pasado mércores o alumando de 1º e 4º de educación primaria visitaron o CENTRAD (Centro de Artesanía e Deseño) para participar en dúas actividades:

- Mostra guiada na que coñeceron un dos fondos instrumentais máis ricos de Galicia

- Un obradoiro no que o alumnado participou na construción dun asubío.

Paticipamos nesta actividade xa que dous dos nosos alumnos que participaron no Certame de debuxo para o CELME de Zanfona 2023 coa recreación dun vitral emparellado con zanfona e outros instrumentos obtiveron uns premios. Parebéns a Lorenzo Uría, de 1º e a Damián Rodríguez de 4º e a todo o alumnado participante polos seu esforzo e participación.

CHARLA DGT

O pasado mércores tivemos no cole a visita de membros da Dirección Xeral de Tráfico para realizar diferentes actividades no coler: charlas informativas e de concienciación, visita dun coche da Garda Civil de Tráfico e préstamos de bicicletas para realizar prácticas de boa circulación. Moitas grazas ao persoa de Tráfico pola súa prsenza.

Aquí tedes algunhas fotos:

 

VISITA A SOTAVENTO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron o parque tecnolóxico de Sotavento.

Aquí tedes un pequeno resumo do seu día de excursión

Distribuir contido


by Dr. Radut