Actividades semana do libro

Dende o día 18 ata o 25 estivemos realizando actividades para conmemorar a Semana do Libro. Ditas actividades tiveron como eixo principal os libros, os cales foron empregados para ler e producir materiais. Podemos englobar estas actividades en tres principais: 

- Degustacións lectoras: durante estes días, os titores baixaron á biblioteca do centro para que os seus alumnos/as escolleran os seus libros favoritos (tamén os podían traer da casa). Debían escoller un fragmento destacado dese libro para lerlles aos compañeiros, co gallo de implicarlos e facer que se interesen na historia para que queiran continuala.

- Apadriñamentos lectores: un ou varios alumnos/as de 4º, 5º e 6º apadriñaban a un neno/a dos outros niveis para lerlles un conto durante a hora de ler. Esta actividade fíxose tanto no exterior como dentro das instalacións, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas destas datas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Conto viaxeiro: creación dunha narración entre todos as alumnas/os do centro. O conto iníciase en 6º e vai pasando por orde por todos os niveis.