Skip to Content

CONMEMORAMOS O DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este 25 de Novembro conmemoramos o DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Pola mañá o alumnado de 6º EP repartiu lazos entre as persoas que viñan traer aos nenos e nenas ao cole. A continuación repartiron tamén lazos entre todos os membros da comunidade educativa. Finalmente na hora de ler, todos xuntos no vestíbulo e presentado tamén por dous alumnos de 6º EP vimos un video e lemos un manifesto.

Durante toda a xornada no vestíbulo do cole estarán pasando videos para concienciarnos da eliminación da violencia en todos os ámbitos, ademais de todo o traballo de preparación e concienciación que levou a cabo o profesorado nas diferentes clases.



page | by Dr. Radut