Skip to Content

Rosali-arTE 24.2.2017

Este é o Mannequin Challenge do noso alumnado de 3º ESO escenificando a creación do graffitti que fixeron despois e co que todo o centro nos sacamos fotos no 180 aniversario do nacemento de Rosalía.

A voz de AID soando por riba da canción Black beatles de Rae Sremmurd, típica dos mannequin challenges, pretende simbolizar o triunfo da mensaxe feminista de Rosalía fronte ás constantes mensaxes de machismo ás que estamos expostos a diario e que debemos combater en busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

A continuación podedes ver as fotos dos grupos xunto á imaxe de Rosalía



book | by Dr. Radut