Skip to Content

autorizacións

Transporte escolar. Autorizacións.

Recórdase que o alumnado que solicitara transporte escolar para o curso 2020/2021 ten a obriga de facer uso do mesmo de xeito continuado, xa que de non facelo podería perder a condición de usuario lexítimo (Instrución 1/2020 de 8 de xuño), ou mesmo se se detectara unha falta de uso prolongada e xeneralizada podería dar pe a que a medio prazo se acabe recortando o servizo.

Cando algún alumno/a non vaia usar o transporte algún día, tanto para entrada coma para a saída do centro, ao longo de todo o curso (por exemplo, todos os martes pola tarde á saída), deberá entregar a autorización asinada polo pai/nai unha soa vez ao inicio do curso indicando este feito.

Cando algún alumno/a non vaia usar o transporte de xeito PUNTUAL un día calquera, deberá entregar ese mesmo día a autorización asinada polo pai/nai na que se faga constar a data e se é entrada ou saída.

Distribuir contido


by Dr. Radut