Skip to Content



No documento adxunto pódese consultar a organización do fin de curso 2020-21 en secundaria.



O venres 21 de maio visitounos o profesor emérito Juan Manuel Vidal Romaní, da Universidade da Coruña, para ofrecer unha conferencia en primeiro da ESO sobre a xeoloxía da cortorna do centro, así como unha visita á praia de Laxe.

 

 

 

 



SON ALGO MÁIS QUE PEDRAS

            Dende o CPIP Cabo da area de Laxe, e en relación ao proxecta que se traballa no centro, elaboramos uns carteis a favor de coidar e preservar o entorno  dos Penedos de Traba e Pasarela.

             Dicir que non estamos en contra da enerxía eólica, pero si da colocación de aeroxeradores preto dun espazo xeomorfolóxico único declarado pola Xunta Paisaxe Protexida e dunha zona de especial importancia para as aves como é a lagoa de Traba.

            Cremos que os Penedos e a súa contorna é un dos espazos próximos que ofrece un gran patrimonio natural e paisaxístico ( penedos, lagoa, praia, vistas...) para desfrute e proveito por parte da nosa rapazada tanto das xeracións actuais como das futuras.

 

 



Ao igual que o COVID o machismo é unha pandemia mundial, pero máis antiga. O feminismo busca de xeito incansable unha "vacina eficiente", a través da coeducación  que forma en valores igualitarios, rompendo cos valores tradicionais machistas. O que necesitamos é que a sociedade loite pacíficamente e sen descanso a igualdade real de xénero, libre de violencias machistas. 

 



Moi boas, queridos alumnos e alumnas!

Nesta andaina tan excepcional e nesta situación tan particular na que nos atopamos, non podo máis ca experimentar. Imos pois, poñer en marcha nestres próximos 15 días, que poida que se prolonguen a 30, un tipo de traballo distinto tentando gardar o formato (isto é, conservaremos o caderno e o libro de traballo empregado durante as clases). Todo queda en suspense, pero debemos seguir traballando nos nosos fogares.



Dende Donas de sí, quixemos conmemorar o Día da muller cunha marcha ata ó centro da vila. No seguinte enlace podedes ver algunhas fotografías da actividade.

 https://photos.app.goo.gl/5Naz9JxaqRoZzQye9

 

Distribuir contido


by Dr. Radut