Skip to Content


SAÍDA EUME-CORUÑA

MARTES 19

FRAGAS DO EUME E PATINAXE SOBRE XEO

SAÍDA VIGO

MÉRCORES 20

CONSERVEIRA

NATURNOVA

PRESENTACIÓN

EUME

 

 

IMAXES

 

IMAXES


Hoxe as nenas e nenos dende 4º a 6º puideron desfrutar dunha mañá diferente correndo en diversas carreiras en Cee. Premendo na foto tedes o enlace.

Os resultados das carreiras se atopan nos documentos adxuntos.



 A Semana do 6 ao 10 de novembro comezouse a operación medioambiental "Landras".

Aquí temos as primeiras fotos. En breve subiranse as novas

 

SECUNDARIA INFANTIL E PRIMARIA

 

ACCESO Á INFORMACIÓN DO PROXECTO 

  



Con motivo da conmemoración do Samaín o alumnado de sexto curso achegou diversos relatos de medo ao resto das nenas e nenos do colexio.



Os gañadores do concurso de relatos de terror foron:

Noa Eiroa de 4º de primaria 

Yeray García de 5º de primaria.

Freire Mouzo de 1º ESO.

Álvaro Barreiro de 4º ESO.

Noraboa!




Este curso imos levar a cabo o “Proxecto Landras” que é unha iniciativa mediambiental deseñada pola asociación “Contramínate” e que consiste na repoboación de espazos naturais do concello de Laxe con árbores autóctonas. O alumnado de todas as etapas vai traballar en diferentes actividades entre as que destaca a plantación de carballos, castiñeiros e acivros. A vindeira semana (do 6 ao 10 de novembro) o alumnado do CPI Plurilingüe Cabo da Area comezará o proxecto con esta actividade que se desenvolverá co seguinte horario:

 

LUNS 6 - 3º e 4º ESO

MARTES 7 - 1º e 2º ESO

MÉRCORES 8 – 4º, 5º e 6º primaria

XOVES 9 - 1º, 2º e 3º de primaria.

VENRES 10 - Educación infantil.

 

A asociación que dirixe o proxecto vai acondicionar o espazo elexido para a repoboación e para isto solicita colaboración de pais e nais. ASÍ POIS, CONVÓCASE A TODOS AQUELES PAIS E NAIS QUE DESEXEN COLABORAR NA PREPARACIÓN DO ESPAZO DE TRABALLO O DOMINGO 5 DE NOVEMBRO ÁS 11 HORAS NO MIRADOR DOS VOLUNTARIOS.

Tamén se pide a colaboración de pais e nais para axudar os días MARTES 7, MÉRCORES 8 e XOVES 9 durante o desenvolvemento da actividade.

 

Se recorda que os rapaces deben levar roupa e calzado axeitado para esta actividade no exterior.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración.

 

 

 

CONSULTA 

PROXECTO LANDRAS 

ubicación
Distribuir contido


by Dr. Radut