Skip to Content


O Luns 11 de novembro o alumnado de 1º e 2º de educación primaria asistiu coa Asociación Ambiental Contraminate a plantación de carballos e acivros na Insoa da vila.

Pasámolo xenial e aprendemos como prantar unha árbore e os coidados que precisan.

Podedes ver as fotos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/nBQcst5X7qEgs4Fv7

 



Neste final de mes de outubro puxémonos mans a obra para celebrar o Samaín no centro a través de varias actividades:

- Contadas nos recreo na biblioteca e nas aulas ó alumnado de infantil.

- Decoración do centro con cabazas, mazorcas de millo e vasoiras.

- Concursos de lápidas (ESO), relatos (3º,4º, 5º e 6º de primaria) e debuxos de medo (infantil, 1º e 2º de primaria).

E xa no propio día da celebración (30 de outubro), celebramos a tradicional queima dos medos e visitamos o túnel do medo!

Podedes ver que ben o pasamos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/UVjNvi2VSeLmr7kn7

 



O alumnado de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un taller de epilepsia na biblioteca do centro. Nel aprenderon un pouco máis sobre este trastorno e técnicas para facer ante unha crise.

Podedes ver unhas fotografías do alumnado poñendo en práctica o aprendido: https://photos.app.goo.gl/emvYTGM6d6Dc2x68A



O xoves 10 de outubro o alumnado de 4º curso de Educación Primaria asistiu a un obradoiro de monicreques organizado na biblioteca do centro en colaboración coa biblioteca municipal sobre as diferentes mulleres astrónomas e as súas aportacións.

Podedes ver que ben o pasamos no seguinte enlace: https://photos.app.goo.gl/1xdxwcCxiXUHaBrNA

 



 

O martes  8 de outubro o alumnado de 2º curso de Educación Primaria asistiu a unha actividade organizada na biblioteca do centro en colaboración coa biblioteca municipal.

Coñecemos algunhas das científicas máis importantes que destacaron a nivel nacional e internacional a través dunha exposición de fotos e realizamos experimentos sinxelos con elementos cotiáns.

Podedes ver que ben o pasamos no seguinte enlace:  https://photos.app.goo.gl/FbrGQtrnne4qLuAJ9

Distribuir contido


by Dr. Radut