Skip to Content

3º Curso

TAREFAS PARA CONFINAMENTO DO 13 AO 21 DE DECEMBRO DE 2021

Ola nenos e nenas, debido ao COVID 19, novamente algúns e algunhas de vós no noso cole, non poderedes asistir a clase durante uns días. Así pois, déixareivos traballo para que poidades facer estes días, aínda que como estamos a final de trimestre esperaremos por vós para aprender cousas novas. 

Nestes cuadernos que vos indico a continuación, atoparedes exercicios de lingua castelá e problemas de matemáticas, que son as cousas que máis precisamos reforzar.

- Santillana Cuadernos. Ortografía 4 (dúas caras por día).

- Santillana Cuadernos. Problemas 4 (unha cara por día).

Ademáis, coma sempre, lembrade que é moi importante que vos divirtades lendo ao menos 20 minutos, tal e como facemos no colexio.

Lembrade tamén o noso reto para o vindeiro trimestre, aínda que algúns e algunhas xa o tedes acadado é importante tamén non perdelo: DOMINAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR. Para elo déixovos estas aplicacións que poden facelo máis divertido:

- Cool Future.

- Multiplicaneri.

Vémonos pronto nenos/as e lembrade ter paciencia e pensade que o voso exemplar comportamento quedando na casa, convírtevos en héroes na loita contra esta pandemia.

Ahh, espero as vosas fotos ou mensaxes no meu correo electrónico (tal e como aprendimos a facer o ano pasado, con axuda de maiores ehhh): maria.cristina.lage.villar@edu.xunta.es

Bicos e apertas virtuais da profe Cristina.

Distribuir contido


by Dr. Radut