Tardou en chegar, pero por fin o temos con nós: trátase do cartel oficial das Bibliotecas Escolares deste curso 2018-2019, o cal xira en torno das Poéticas diversas. Dende logo, é ben suxerente...
A través dunha doazón e por intermediación das Maxestades de Oriente, recibimos este moble para as exposicións da biblioteca! Estamos desexando estrealo!
A rapazada de secundaria, xunto con 4º, 5º e 6º de primaria, xogaron a unha xincana adicada a "Frankenstein" o pasado 21 de decembro. Foi todo un reto que superou un só equipo composto de rapaces e rapazas espilidos coma allos!
O pasado decembro celebramos o bicentenario da publicación da novela creadora da ciencia-ficción: "Frankenstein", de Mary Shelley. A exhibición acolleu tanto edicións diversas da célebre obra como material sobre a súa autora.
O pasado decembro a nosa coordinadora do equipo da biblioteca foi convidada ás Xornadas de Bibliotecas Escolares para falar da dinamización da nosa biblio. Foi unha oportunidade para dar a coñecer a outros profesores e traballadores das bibliotecas as actividades de dinamización que facemos!
O pasado mes de novembro estreamos un novo punto de lectura fácil ("Lectura con xeito") na nosa biblioteca, ao que estamos engadindo libros pouco a pouco. Crear espazos inclusivos na biblio é un dos obxectivos do noso equipo este curso!
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Para iso, preparamos unha exposición de pioneiras nas ciencias ben visible, colocada no alto das escaleiras do noso edificio. A performance das rapazas de Artes Escénicas e Danza (véxase a súa sección dentro de CLIL) tamén se inserta nesta celebración. Vivan as ciencias en galego!
Estes catro relatos (con debuxo incluído) foron os gañadores do certame de contos de terror convocado para celebrar o Samaín 2018, no cal participou o alumnado de secundaria e parte do de primaria. Non faltaron as sensacións arrepiantes nestes imaxinativos relatos... Parabéns aos gañadores!