Premio dos Clubs de Lectura 2017, do ámbito educativo, para Miguelanxo Prado

Ven, 21/04/2017 - 11:25

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 21 de abril de 2017, pola que se fai pública a concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2017, coa gallo da celebración o 23 de abril do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autoría. A través deste galardón, quérese recoñecer o labor das autoras e dos autores  galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura, e que concitan o interese das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura do ámbito educativo.

O premio seralle entregado ao ilustrador e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado, no transcurso da X Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) o 17 de xuño, e na que se reunirá un milleiro de participantes destes clubs de lectura (profesorado e alumnado).