Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Premio dos Clubs de Lectura 2017, do ámbito educativo, para Miguelanxo Prado

Premio dos Clubs de Lectura 2017, do ámbito educativo, para Miguelanxo Prado [1]

Enviado por administrador a Ven, 21/04/2017 - 11:25
Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 21 de abril de 2017, pola que se fai pública a concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2017, coa gallo da celebración o 23 de abril do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autoría. A través deste galardón, quérese recoñecer o labor das autoras e dos autores  galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura, e que concitan o interese das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura do ámbito educativo.

O premio seralle entregado ao ilustrador e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado, no transcurso da X Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) o 17 de xuño, e na que se reunirá un milleiro de participantes destes clubs de lectura (profesorado e alumnado).

File: 

PDF icon Resolución de 21 de abril de 2017: Concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2017 [2]
Hora de ler [3]
Plan LÍA [4]
Bibliotecas escolares [5]
Ensinanzas de réxime xeral [6]
Subdirección Xeral de Centros [7]
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo [8]
Profesorado [9]
Alumnado [10]
Centros [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21834

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21834
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resoluc_premio_clubs_lectura_17.pdf
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/239
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/424
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/126
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/56
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros