As bibliotecas escolares, na súa actividade cotiá, brindan moitas oportunidades para practicar e aprender a vivir e medrar en igualdade. Pero iso só é posible cando o equipo de biblioteca é consciente do seu papel "regulador" das circunstancias para que estas sexan favorables. O profesorado ha estar atento e intervir cando "eles" pretendan copar os equipos informáticos (por exemplo) ou cando "elas" se retraian e non tomen a iniciativa cedendo o espazo que lles corresponde. A selección de lecturas e outros materiais para a colección da biblioteca é unha decisión clave tamén, e cando non se fai con intención coeducadora pódense colar os ventos da desigualdade polas catro esquinas porque a gran industria editorial ou audiovisual serve a outros intereses. Empoderar é posible tamén desde a biblioteca escolar. O espazo manipulativo (robótica, inventos, espazo creativo...) é unha oportunidade máis da biblioteca ao servizo da igualdade.
Compartimos unha achega bibliográfica sobre coeducación que fixemos para o Salón do Libro de Pontevedra 2017.
Velaquí algunhas actividades das bibliotecas escolares galegas arredor desta data:
- CEIP Antonio Pedroso Latas (Viveiro, Lugo): Día internacional da muller adicado a Maruja Mallo
- CEIP Canosa- Rus (Coristanco, A Coruña): As protagonistas sodes vós
- CEIP Couceiro Freijomil ( Pontedeume, A Coruña): Día da Muller
- CEIP Feliciano Barrera ( Ponteareas, Pontevedra): Día da Muller
- CEIP P. de Frións (Ribeira, A Coruña): Vídeo do Día da Muller
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): Día internacional da Muller
- CEIP Sagrado Corazón (Lugo): Todos os días son 8 de marzo
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Mulleres do mundo
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): Día da Muller
- CPI das Revoltas ( Cabana de Bergantiños, A Coruña): Guía de lecturas
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura do 8 M. Camiñando cara á igualdade ; Unha de teatro
- EEI Vilarrodís - Oseiro (Arteixo, A Coruña): Mulleres traballadoras, mulleres creadoras
- IES Ánxel Fole (Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): As mulleres nas Ciencias ; Guía de lectura
- IES David Buján (Cambre, A Coruña). Mes das Mulleres
- IES Félix Muriel ( Rianxo, A Coruña): Día da Muller
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Exposición fotográfica no Día Internacional da Muller ; Educando na igualdade: Día Internacional da Muller
- IES Miguel A. González Estévez (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Performance en Bibliomalveiras
- IES A Pinguela (Monforte, Lugo): Día da Muller
- IES Porto do Son (Porto do Son, A Coruña): Rescatando a Maruxa Mallo das augas da invisibilidade
- IES Rafael Dieste (A Coruña):Día da Muller Traballadora
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Cine en feminino; Mulleres científicas; Arte en feminino; Muller territorio da escultura; Muller territorio da pintura galega; Sétima arte: galega e feminina
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Visibilizando a muller na Ciencia
- IES Xoán Montes (Lugo): Mulleres simbólicas
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Día da Muller