Iniciar sesión

bibliofeb2017

Co gallo do Día internacional da muller na ciencia (11 de febreiro), o Departamento de Ciencias Naturais realizou co alumnado unha exposición nos corredores do centro sobre mulleres científicas relevantes:

Pola súa banda, o alumnado do Club de Lectura de 1º da ESO, "Hora de ler", rematou a súa lectura de 'Escarlatina, a cociñeira defunta' cunha actividade culinaria do máis saboroso. O alumnado, organizado por parellas ou individualmente, presentou unha sobremesa inspirada nas receitas do libro. Despois de degustalas entre todos o luns 20, realizouse unha votación para escoller aos mellores "Chefs do inframundo". Premiábase o prato realizado e a orixinalidade no nome e deseño da receita. Os e as premiadas (houbo 2 premios e 2 accésit) recibiron cadansúas camisetas de agasallo (Deseñadas en colaboración co Departamento de Plástica) e un Diploma. Aquí están as fotos das sobremesas e a dos premiados:

 

 

O día 22 o alumnado do 2º ciclo da ESO asistiu no centro á charla -recital de Pablo Carpintero sobre instrumentos musicais organizada polo Departamento de Música.  

 

Co gallo do Día de Rosalía (24 de febreiro), o alumnado de 1º ESO, coordinado polo Departamento de Lingua Galega, realizou un Recital poético en homenaxe a Rosalía nos recreos do día 22 na Biblioteca, acompañados musicalmente polos alumnos de Bach. Gala Cernadas e Alberto Angües. Os participantes recibiron como agasallo conmemorativo uns marcapáxinas artesanais coa imaxe de Rosalía deseñados pola profesora Nieves Vilas.

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Recital poético.pdf157.06 KB
20170220_165105.jpg35.21 KB
20170220_165124.jpg44.58 KB
20170220_165220.jpg35.02 KB
20170220_165159.jpg28.16 KB
20170222_103324.jpg42.41 KB
20170222_103441.jpg42.77 KB
20170222_123148.jpg41.5 KB
20170222_122900.jpg38.1 KB
20170222_112456.jpg42.84 KB
20170217_103536.jpg37.56 KB
20170217_103640.jpg50.78 KB
20170217_103622.jpg37.99 KB
20170217_103651.jpg52.8 KB
20170217_123300.jpg43.86 KB
Pablo Carpintero.png157.38 KB