Iniciar sesión

Historia

BREVE HISTORIA DO CENTRO

O IES Terra de Soneira arrancou a súa andaina no curso 1983-84 e foi concibido para impartir a Formación Profesional de 1º grao (FP1) nas ramas Administrativa e Electricidade
 
 
No curso 1988-89, implantouse BUP como unha extensión do IB de Carballo. Deste xeito ao ano seguinte o centro transfórmase nun IESP.
 
Conseguíuse a primeira ampliación do centro no curso 1990-91, contando cun novo edificio separado do anterior e no curso seguinte implántase a rama de Formación Profesional de 2º grao (FP2)  Administrativa.
 

 

No 98-99 comezamos a impartir o segundo ciclo da ESO mentras que o primeiro ciclo seguíalle correspondendo aos centros adscritos da zona.

 
Para o curso 1999-2000 rematouse unha terceira ampliación, xusto o ano no que comezou a impartirse no centro toda a ESO. Ademais, implantamos un PGS de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión así como o Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

 

 

No curso 2000-2001 puxemos en marcha o Ciclo Medio de Equipos e Instalacións Electrotécnicas e o de Xestión Administrativa. Por outra banda, extinguíronse as antigas ensinanzas de BUP e comezouse a impartir o primeiro curso de Bacharelato nas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e de Ciencias da Natureza e da Saúde.

 
No ano 2011 extinguíuse o Ciclo Medio de Equipos e Instalacións Electrotécnicas.
 
Distribuir contido