Iniciar sesión

Benvida

BENVIDOS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Benvidos/as ao noso departamento.

O noso labor vai encamiñado a orientar mediante o apoio a todos os estamentos do centro para chegar hacia una educación comprensiva e integradora, que dea resposta a toda a diversidade de alumnado do noso centro.

As principais funcións do Departamento de Orientación son:

- Detectar e avaliar as necesidades educativas dos nosos alumnos.

- Planificar e propoñer medidas de atención á diversidade que dean resposta ás súas necesidades.

- Dinamizar e apoiar a función titorial do profesorado.

- Apoiar aos alumnos no seu proceso de maduración vocacional.

- Provomer unha adecuada interacción entre as familias e o centro educativo.

Compoñentes no curso 2023/2024

Orientadora: Marina Rial Duarte

Profesora de Pedagoxía Terapéutica: Beatriz Ponte Pose

Titores de ámbitos: Alicia Pérez Cambón e José Paredes Gómez

Profesor de FOL: Miguel Rodríguez Sánchez

Horario de atención 

Titoría de Pais: mércores ás 11h35

Disponibilidade horaria ampla sempre previa petición de cita no teléfono:

881.866.522

 Ao Alumnado: recreos

Neste curso 23/24 seguimos contando no centro coa figura da UACO( Unidade de Acompañamento e Orientación) dentro da Rede RAOGAL ( Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar).

A responsable desta UACO é: Mª Cruz Canosa González

Entre as súas funcións están:

  • Acompañamento, motivación e seguimento personalizado do alumnado vulnerable educativamente, escolarizado en centros educativos sostidos con fondos públicos dentro do ámbito da zona xeográfica que abarca a UACO.
  • Colaboración e coordinación cos equipos docentes e DO dos centros educativos onde estea escolarizado o alumnado susceptible desta intervención, para un axeitado desenvolvemento do Plan Recupera.
  • Impulso da implicación e colaboración coas familias para asegurar unhas condicións óptimas da educabilidade
  • Coordinación e colaboración cos concelos, redes socioeducativas e outras entidades para acadar un éxito escolar equitativo e inclusivo.
Distribuir contido