O alumnado de 4º ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos que estea interesado en solicitar a axuda para realizar as probas de certificación en inglés ou francés nos niveis B1, B2 ou C1, debe cubrir o impreso de compromiso individual (dispoñible en conserxaría ou para descarga no seguinte enlace) e entregalo en Dirección ata o 25 de outubro.
Lémbrase que o vindeiro venres 13 de outubro é un dos días non lectivos establecidos polo centro e autorizado por Xefatura territorial, polo tanto o centro permanecerá pechado xoves e venres.
O vindeiro luns 11 de setembro darán comezo as clases en horario lectivo habitual: de 08.45 a 14.25 en horario de mañá e de 16.40 a 18.20 pola tarde. Os alumnos de 1º de ESO deberán acudir á Aula de Usos Múltiples, con entrada polo patio cuberto superior. O resto, dirixiranse ás súas aulas de referencia, que poderán coñecer o día anterior en Abalar.
Dende o día 10 de xullo e durante todo o mes, os beneficiarios do vale de material poden recollelo na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O alumnado de 1º e 2º da ESO non terá dereito a libros por estar no programa EDIXGAL. O alumnado de 3º da ESO beneficiario de vale de material esolar recibirá libros de texto do centro.
O alumnado de 4º da ESO pode consultar no centro os libros que lle corresponden en Fondo Libros.
Dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo atópase aberto o prazo de inscrición nos ciclos formativos ofertados no IES Terra de Soneira.
A inscrición deberá realizarse a través da web de FP da Consellería.
No seguinte enlace podedes descargar o arquivo coa listaxe de libros para o vindeiro curso.
ANTES DE MATRICULARVOS LEMBRADE DEVOLVER OS LIBROS PRESTADOS DA BIBLIOTECA
PRAZO DE MATRÍCULA
Do 23 de xuño ao 7 de xullo
O alumnado poderá matricularse nas datas sinaladas na Secretaría do Centro en horario de 9.00 a 14.00
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO
No marco do plan Proxecta Terra unha das actuacións foi o pintado da pista de bloncesto do patio do centro.
Moitísimas grazas ao profesorado e alumnado participante.
No seguinte vídeo tendes un resumo do traballo feito.
Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023
Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 11 DE XULLO
IMPORTANTE:
Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 3º da ESO para o curso 2023/24, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto en 1º, 2º e 3º da ESO, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar, que o vindeiro curso se amplía ata os 10.000 de renda per cápita familiar.