Iniciar sesión

Fondo libros/Axudas material escolar. Curso 2022/23

Prazo presentación solicitudes: 19/05/2022 - 22/06/2022

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 22/23 (código de procedemento ED330B).

Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 11 DE XULLO

IMPORTANTE: 

Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 2º da ESO para o curso 2022/23, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto nin en 1º nin en 2º da ESO, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Campións fútbol 2022

Hoxe rematou o campionato mundial de fútbol mixto organizado por Antón Vázquez, e celebrado nos recreos.

O equipo gañador foi o alumnado de 1º de Bacharelato. Parabéns!!!!!

 

              

 

Actividades 27 de abril

O alumnado de 4º ESO e de 1º de Bach aisitiu ao Auditorio da Casa da Cultura a unha Charla sobre o Bo Trato.

 

 

 

O alumnado de 1º ESO asistiu a unha charla no centro, para navegar pola rede con seguridade.

 

 

 

 

 

E ti como les?

O alumando de Literatura Universal de 1º de Bacharelato, fixo un vídeo de como lemos na Terra de Soneira.

 

Directrices sobre uso das máscaras no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública ven de publicar un documento no que se describen as situacións nas que se mantén a obligatoriedade de usar as máscaras no ámbito educativo e se recomenda o seu uso noutras situacións non contempladas dentro das anteriores, despois da publicación do RD 286/2022 no que se deroga a obligatoriedade do uso das máscaras en interiores.

Enlace ao documento

 

 

 

Criterios de promoción e titulación no curso 2021-2022

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, e co fin de garantir o dereito do alumnado a que se valore o seu rendemento obxectivamente, fanse públicos os criterios de promoción e titulación para o alumando de ESO e Bacharelato no presente curso 2021-2022 despois da modificación operada pola antedita Orde e que xa figuran recollidos na concreción curricular do centro.

Teatro dos Séculos de Ouro

Hoxe na Casa da Cultura, a Compañía Vicus Teatro, deleitonos con fragmentos das obras de teatro máis importantes dos Séculos XVI e XVII.

Foron breves fragmentos  moi ben explicados e amenizados polos dous actores da compañía.

 

   

 

           

 

Exposición de Enrique Labarta Pose

A exposición deste poeta local, permanecerá na Bilioteca do centro ata o día 29 de abril.

Manuel Muíño alcalde de Zas, Mónica Rodríguez alcaldesa de Vimianzo e Chus Barbeira coordinadora da Biblioteca, inauguraron hoxe a exposición.

 

 

 

Distribuir contido