Iniciar sesión

Bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios no curso 2022-2023

Dende o vindeiro día 30 de marzo ata o 12 de maio está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas do Ministerio de Educación ao alumnado de niveis postobrigatorios. Podedes ver toda a información no seguinte enlace.

Visita de Alejandra Rama Amigo, poetisa.

Hoxe veu ao centro a poetisa local Alejandra Rama Amigo, ex-alumna do centro, filóloga e escritora. Tivo un encontro co alumnado de 2º ESO.

              

               

 

Exposición no centro das heroínas da contorna

O alumnado de 2º ESO, na materia de Lingua Castelá, expón no centro unha mostra de entrevistas a  mulleres anónimas da nosa contorna.

         

 

Día da Poesía

Neste video, podedes ver un recital poético, feito polo noso alumnado.

 

Títulos recibidos no centro (ESO, BAC e Ciclos)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no ano 2020.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.

A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).

 IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

Obradoiro "A busca do Captain"

Hoxe na sala de Usos Múltiples coñecimos o Proxecto de investigación sobre a historia do afundimento preto de Fisterra do HMS Captain en 1870, e, de paso, sobre a vinculación da Costa da Morte cos naufraxios. 

   

 

 

Concurso de Fotografía Matemática

 Antón Acción e o profesorado do Departamento de Matemáticas, convocan  o seu tradicional concurso de fotografía matemática.

As fotografías deberán ter un título matemático que represente á fotografía, deberán estar vencelladas ás Matemáticas con tamaño de foto axeitado para ver en dispositivos móbiles ou monitores de computadores, podendo ser en cor ou en branco e negro.

Tedes máis información en carteis colgados polo centro.

                                                           Tedes ata o día 30 de abril para entregar as vosas fotos.

 

             

 

Teatro pola Igualdade

Facede o favor... pensade.

As Avoas de Laxe, déronnos unha verdadeira lección de igualdade e de maestría no escenario.

As risas foron contínuas.

Unha obra crítica coa sociedade que nos rodea, e chea de humor. Apta e recomendable para todas as idades.

 

 

 

Admisión Curso 2022/2023

Entre o 1 e o 21 de marzo de 2022:

Admisión: Os pais/nais ou titores legais do alumnado de centros non adscritos, interesado en cursar estudos no IES Terra de Soneira, formalizarán a súa solicitude neste centro. Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das seguintes opcións:

 1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

 Normativa Reguladora

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Postos escolares ofertados

 

8 M Muller tiñas que ser.

Que o teu futuro dependa do teu esforzo, do teu traballo e talento, pero que non dependa do teu xénero.

Igualdade de oportunidades!!!

 

 

 

Distribuir contido