Iniciar sesión

Oscars 2022 Pool

O Departamento de Inglés inaugura Os Oscars no Soneira!!!!

O alumnado fará a súa votación dentro das doce categorías para predecir quenes serán os/as gañadores/as dos Oscars 2022.

Os gañadores deste tradicional concurso, recibirán de premio unha entrada doble para asitir ao cine a Cee.

No caso de empate, haberá un sorteo para elexir aos gañadores.

Moita sorte a todos/as os/as que participeis.

 And the winer is......

                                                                    

                                                                                

 

Entroido 2022

Hoxe celebramos o Entroido mundialmente coñecido do IES Terra de Soneira.

Aínda que non houbo moita participación, estivo moi animado grazas as presentadoras Bea Pérez e Loli Toja.

Unha vez rematado o desfile, o xurado, formado por Antón Vázquez e Lucía Novo,  dicidiu que os gañadores eran 2º Bach B1, que adaptaron o conto de Alicia no país das marabillas.

Pinchando neste enlace, podedes ver un montón de fotos.

 http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/galeria/thumbnails.php?album=104

      

   

 

                   

 

 

       

 

 

 

                                                                       

 

 

Semana Grande de Rosalía

           

Esta semana no centro, lembramos a obra de Rosalía. Fíxemolo, recitando, cantando, bailando e vendo unha obra de teatro na Casa da Cultura. Grazas ao Equipo da Biblioteca, Chus Barbeira e Rocío Romero, os recreos desta semana foron distintos.

 

 

    

 

   

Traballo 8M alumnado 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa

O alumnado  de Loli Toja realizou un video para visibilizar os traballos tradicionalmente masculinos feitos por mulleres.

Vai sendo hora de que cambien as cousas!!!!

 

Campionato de Xadrez

Hoxe comenzou o Campionato de Xadrez organizado polo profesor Antón Vázquez.

Un éxito de participación. Os/as gañadores/as, levarán de premio un vale por 30 euros para gastar no comercio local.

  

Semana do Entroido

O próximo venres 25 de febreiro, celebraremos no centro o Entroido. Nas dúas últimas horas lectivas, haberá desfile e concurso de disfraces. A clase ou comparsa gañadora, terá como premio un Sacpe Room de dúas horas que se fará no centro.

Ao longo da semana, participaremos nos Mandadiños do Meco

O luns 21 de febreiro: Vestidos/as dunha mesma cor                             

O martes 22: Tema: Deportes

O mercores 23: Pixamas

O xoves 24: de Gala

O venres 25: Desfile e Concurso     

                                                      

                                                       ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

" Violencia de xénero no novo contexto dixital"

Hoxe o alumnado de 1º e 4º da ESO, asistiu á Casa da Cultura a un Taller sobre violencia de xénero no contexto dixital.

A información e concienciación deste tema sempre é moi educativo e interesante.

          

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizou hoxe unha Masterclass para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento tivo lugar na Escola Ténica Superior de Enxeñaría da USC  e no que participarán 40 alumnas de distintos institutos de Galicia (só dúas por cada centro). Despois dunhas explicacións teóricas sobre a física de partículas, daráselle a oportunidade ás alumnas de analizar datos reais obtidos no LHC (CERN), que é o acelerador de partículas máis longo e potente do mundo, situado en Xenebra. As alumnas tamén poderán, mediante videoconferencia, discutir e comentar os resultados das súas análises con alumnas doutros países e con investigadores vinculados ó LHC.

      Todo isto foi posible gracias a Daniel Esmorís, profesor de Física e Química. As nosas representantes foron:

                                                  Lucía Roget Blanco e Ariadna Martínez Pasión

                  

Campionato de Xadrez

O profe Antón Vázquez, está preparando un torneo de Xadrez no centro.

Xogarase nos recreos e haberá dúas categorías e cada categoría terá un premio cun vale de 30 euros para gastar no comercio local.

Aínda estás a tempo de apuntarte.

                                                                  

 

 

 

Semana da Ilustración

O Equipo da Biblioteca formado por Chus Barbeira e Rocío Romero, montaron unha exposición nun dos andadeiros do centro, coas ilustracións de Idaira Pérez Castro e Ánxela Gacía Lema.

As ilustracións mostran o talento e potencial destas alumnas

                          

 

       

Distribuir contido