Iniciar sesión

Magosto 2022

 

Este venres 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o noso tradicional magosto. Tivemos castañas asadas, un túnel do terror literario, concurso de doces do inframundo na biblioteca e xogos tradicionais no patio. Moitas grazas a todos os que fixestes posible este día, especialmente aos alumnos que participaron nas actividades!

Podedes ver fotos e vídeos desta xornada tan especial pinchando no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/

Eleccións ao Consello Escolar 2022 - Acto público de sorteo dos membros da Xunta electoral

O vindeiro mércores 2 de novembro ás 12:25 na aula de Usos Múltiples, terá lugar o acto público de elección da Xunta electoral que rexirá o proceso electoral de renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES Terra de Soneira, segundo o disposto na Resolución do 19 de setembro de 2022.

Entrega vales material escolar

Segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022 publicada no DOG do 14 de outubro de 2022, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25 €.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Recollida na Secretaría do centro a partir do 17 de outubro. Horario de entrega: 9:00 -14:00 horas.

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

O próximo luns, 3 de outubro, ás 18.30 horas, celebraranse as reunións de inicio de curso coas familias do alumnado da ESO. Serán nas aulas de cada grupo cos seus titores. 

 

Logo de dita reunión, as familias dos alumnos de 2º de ESO serán informadas da participación dos rapaces na actividade Dixitalweek para mellorar as competencias dixitais en inglés. 

HORARIO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023

 

XOVES 8 DE SETEMBRO ÁS 8.45

 

O alumnado de 1º de ESO acudirá á aula de usos múltiples e o resto, ás súas clases de referencia (informarase do grupo por Abalar o mércores)

Revisión das NOF 2022

As Normas de Organización e Funcionamento do instituto, inicialmente aprobadas en 2017,  foron sometidas a unha revisión durante o presente curso. AS NOF sufriron unha adaptación á normativa xurdida durante os últimos anos e foron actualizadas para recoller as decisións que os órganos do centro foron tomando durante este periodo. O proceso, que estivo aberto a toda a comunidade educativa, culminou coa aprobación en Consello Escolar o pasado 30 de xuño.

Enlace ás NOF v2 2022

Lecturas recomendadas verán 2022

O que fixemos este curso

Neste video podedes ver un resumo das actividades que realizamos no curso 2021-2022

 

 A Dirección do centro, espera que sexa do voso agrado e que teñades un feliz verán.

 

 

A GRAN TREBOADA

Tedes a un "clic", a obra  que fixo o alumnado de teatro de Chus Barbeira.

 

 

 

 

 

Distribuir contido