Iniciar sesión

Acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de ESO e Bacharelato

Segundo a Resolución do 28 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 o alumnado podera acreditar os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio, o alumnado de ESO e Bacharelato poderá acriditar as competencias dixitais correspondentes aos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE ESO

- O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en Educación Secundaria Obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

- O alumnado matriculado en 4º de Educación Secundaria Obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

- O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.

- A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

- A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

- O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a  proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. 

- O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

 

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA

- Estar matriculado en 4º de ESO para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.

- Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

 

A solicitude deberá realizarse mediante o formulario de inscrición contido no Anexo IV da Resolución que deberá presentarse na Secretaría do centro. O prazo para presentar a solicitude remata o 15 de marzo

 anexo IV da Resolución 20 28 de febreiro de 2024.pdf 

Máis información e Demo da Proba de acreditación

AdxuntoTamaño
anexo IV da Resolución 20 28 de febreiro de 2024.pdf128.68 KB