Iniciar sesión

Navega con Rumbo 2018

 No día de hoxe, o alumnado de 1º da Eso asistiu a charla: Navega con Rumbo.

Facémola todos os anos para concienciar do bo uso e expoñer os perigos de internet para os adolescentes. Deixamos un documento para que poidades TODOS, tamén os/as pais/nais, repasar o máis salientable, con enlaces seguros e moi interesantes.

Navega con Rumbo

Acto de Fin de Curso 2018

No día de hoxe na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo, a comunidade educativa do noso centro celebra a finalización dos estudos do seu alumnado de Bacharelato, CS de Administración e Finanzas e CM de Xestión Administrativa.

 

Máis fotos aquí.

Entrega de premios “CLASES SEN FUME 2017-2018″

No día de hoxe o noso alumnado de 1º ESO A foron ao Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, para participar na entrega de premios “CLASES SEN FUME 2017-2018″.

 

Acadaron un accésit na categoría de actividade creativa polo seu traballo "Paco deixa o tabaco"

OS NOSOS PARABENS!!!!!!

 

Visita ao MAC de A Coruña

Hoxe @s nos@s alumn@s de 4º ESO de Plástica e Tecnoloxía foron ao MAC ao taller: "HOME MADE 3D"

Consiste nunha aproximación de carácter práctico á cuestión da imaxe estereoscópica desde unha dobre perspectiva: Biolóxica e Tecnolóxica, cos seguintes contidos:

CHARLA CON APOIO VISUAL E DEMOSTRACIÓNS PRÁCTICAS

CREACIÓN E VISIONADO DE PELÍCULAS

   
   

Premios a proxectos de innovación na FP

Publicada a resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 04 de decembro de 2017.

O noso alumnado de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de Ciclo Superior de Administración e Finanzas, coordinado pola nosa profesora de FOL, Noa González Patiño, e o Departamento de Administrativo resultaron premiados pola súa colaboración co IES Universidade Laboral no proxecto: Deseño e montaxe de prototipo de frigorífico domótico mediante software e hardware libre.

 

OS NOSOS PARABÉNS!!!

 

 

 

Día da Muiñeira

Conmemorando o 17 de Maio, este mércores instauramos no noso Instituto o Día da Muiñeira.

O noso alumno Martín Pose de 4º Eso B preparou esta actividade realizando un Obradoiro de Baile Galego na Aula de Usos Múltiples e unha exibición posterior no patio. Aquí tedes as "probas"

 

 

Podes ver máis videos premendo nestes enlaces: Video 1 , Video 2 e Video 3

 

Conferencia: Cine e Igualdade

Onte proxectamos a curtametraxe "A nena azul", rodada na Costa da Morte e dirixida e protagonizada exclusivamente por mulleres, e  posteriormente tivemos unha charla sobre cine e igualdade. Acompañaronnos a autora e as técnicas da curtametraxe.

 

Esta visita foi recollida na prensa.

Visita do Lycée Louis Rascol de Albi (Francia)

O martes 1 de maio recibimos un grupo de vinte e un estudantes e dúas profesoras do Lycée Louis Rascol de Albi, co que o noso centro leva mantendo intercambios desde hai anos, sempre acompañados polos nosos alumnos. Son seis días de convivencia nos que hai visitas culturais: na contorna, Santiago e Vigo así como actividades lectivas en castelán.

Podedes ver as fotos aquí.

 

Estarán connosco ata o martes 8 de maio.

Aprendo programando

Xa temos o noso primeiro proxecto rematado!! Esperemos que non sexa o último!

Visita interactiva por un dolmen con referencias a Dombate

 

Clases sen fume

Os nos@s alumn@s de 1º ESO A, dentro do Plan Proxecta: Clases sen fume, realizaron o proxecto "Paco deixa o tabaco". Unha recreación do popular "Xogo da Oca" a modo de concienciación sobre o tabaquismo. PARABENS POLO BO TRABALLO!

Distribuir contido