Estos son os dous podcasts seleccionados na modalidade II, 3º a 6º de Educación Primaria, entre os sesenta e dous presentados, pola orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido. Percorrido polo patrimonio de Galicia e a contorna e por un exemplo do noso Entroido tradicional: | ||
![]() |
CEIP DE VILAR DE BARRIO (Vilar de Barrio-Ourense) |
|
![]() |
Radio na Biblio
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade II
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade I
Estos son os dous podcasts seleccionados na Modalidade I, alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, entre os quince presentados, pola orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido. Difusión de dous traballos de investigación arredor dun lenda local e da orixe do nome do concello: | ||
![]() |
CEIP DE CARBALLEDO (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra)
- Podcast: "A lenda de Florentina, a rapaza que morreu de amor"
|
|
CEIP VÍCTOR SÁENZ (Mazaricos-A Coruña)
|
![]() |
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade I
Estos son os dous podcasts seleccionados na Modalidade I, alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, entre os quince presentados, pola súa orixinalidade e calidade sonnora e de contido. Traballos de investigacón arredor dunha lenda local e da orixe do nome do concello:
CEIP DE CARBALLEDO (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra)
- Podcast: "A lenda de Florentina, a rapaza que morreu de amor"
CEIP VÍCTOR SÁENZ (Mazaricos-A Coruña)
- Biblioteca Escolar Víctor Sáenz
- Entrevista no Diario Cultural
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio
O Portal Educativo publica a convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de abril de 2019, o I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
No Día Mundial da Radio: Radio na Biblio emite
En directo, a celebración deste data nas bibliotecas escolares galegas que integran o programa Radio na Biblio e moitas outras que contan con emisora de radio, un espazo de traballo colaborativo que da voz ao noso alumnado:
- CEIP P. do Camiño Inglés (Oroso-A Coruña)
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña)
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra)
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo)
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo)
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo)
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- CEIP P. de Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense)
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra)
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña)
- IES Gregorio Fernández (Sarria-Lugo)
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria-Lugo)
En Rede Lectura recursos neste día.
Na imaxe, os nenos e nenas do CEIP P. Vilar de Barrio no programa de radio Zampalibros.
13 de Febreiro: Día Mundial da Radio 2019
No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz" e o poder da radio para promover o entendemento e as cominidades poderosas. Convocan un concurso para participar cunha producción sonora de dous minutos arredor do tema deste ano.
Animamos a que participen os 50 centros que forman parte do programa de Radio na biblio e todos aqueles que contan cunha emisora de radio. É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.
Na imaxe, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) entrevistando ao alcalde.
Convocatoria do programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2018/2019.
O Portal Educativo vén de publicar a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 5 de setembro, pola que se convoca o proxecto RADIO NA BIBLIO para o curso 2018/2019. Esta acción, iniciada en 2017, pretende introducir a radio nas bibliotecas escolares e vai destinada aos centros públicos integrados no PLAMBE no curso 2018/2019 que matriculan alumnado de educación infantil, primaria ou secundaria. Incorporaránse 30 novas bibliotecas escolares. Tamén poderán solicitar a súa continuidade no programa os 20 centros integrados a través da primeira convocatoria.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2018.
Primeiras producións sonoras de Radio na biblio. Curso 2017/2018

- CEIP Canosa-Rus. Coristanco. “Canosa Onda” Espazo radiofónico con dúas canles temáticas adicadas á crítica literaria e á pescuda nos mitos e lendas.
- CPI Plurilingüe Cabo da Area. Laxe. “Radio Rat” Emisora con programas de investigación, entrevistas e recomendacións de lectura.
- CEIP Milladoiro. Malpica. “Radio Balea” Moitos programas, na súa maior parte adicados á lectura e aos libros, aínda que tamén contan con programas de investigación e entrevistas.
- CEIP Víctor Sáenz. Mazaricos. “Radio Rosiña” Animación lectora na sección “Tes que lelo” e varios programas adicados á poesía.
- CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío. Muros. “Radio Laretas” Interesantes programas de entrevistas, algunhas das cales teñen moito mérito – caso de Marilin Monroe, Charles Chaplin ou Alfred Hitchcock, por exemplo – e outros xéneros coma o xornalístico ou a reportaxe.
- IES de Porto do Son. Porto do Son. “Onda Perseveira” Impresionante variedade na programación desta emisora. Desde unha Ouigha con Castelao ata o programa en latín ou as reportaxes sobre investigación e saídas escolares.
- CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña. Santa Comba. “Radio Fuco” Programación variada, entrevistas, recitais, lectura de contos e algúns especiais adicados a María Victoria Moreno e a algunhas das súas obras.
- CPI Plurilingüe de Vedra (Iniciando actividade)
- CEIP da Pobra de Brollón. “Radio Guímaro”. En Radio Guímaro podense escoitar magníficos recitais de diversos autores e autoras, ademáis de variados podcasts sobre temáticas diversas.
- CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Sober. “Radiuvín. A radio de Lectuvín” Unha programación moi extensa e centrada na crítica literaria e animación á lectura.
- CEIP do Xurés. Lobios (Iniciando actividade)
- CEIP Plurilingüe Vilar de Barrio. “Radiomarañas” Pequerrechadas, sabías que..., Letras Galegas... son algunhas das seccións desta emisora tan activa.
- CEIP de A Golada. “Radio Agolaín” Nelson Mandela, Antonio Gaudí, Quen ven sendo? Está pasando, está acontecendo; hai debate... moitas e interesantes seccións na emisora Radio Agolaín.
- CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro. Crecente. “Radio Sieiro” Tres programiñas, pero nun deles entrevistaron ao mesmísimo Director Xeral de Centros!
- CEIP Figueiroa. A Estrada. “Radio Carola” (Iniciando actividade)
- CEIP Valle-Inclán. O Grove. “Radio V.I.” Moitos programas e moi variados nesta emisora, visitaron a emisora de radio local e vencellaron o laboratorio de radio aos seus proxectos documentais, entrevistas, reportaxes...
- CEIP A Lama. A emisora da biblioteca, unha emisora ao servizo do PDI deste cole, onde todo xira en torno ao traballo anual de investigación. No enlace hai un audiovisual “primeiros pasos”, que pode resultar de interese como recurso)
- CPI Manuel Suárez Marquier. O Rosal. “A Voz da Mata” Biblioteca, igualdade, radio en directo, entrevistas... moita variedade e moito contido de interese na emisora da Quinta.
- CEIP Plurilingüe de Carballedo. Cotobade. “Cast@radio” Cast@radio é un programa semanal – van xa polo número 13: axenda semanal da biblioteca, concurso de pistas para a formación de usuarios, entrevistas, actualidade do cole... e tamén unha entrevista ao Conselleiro de Cultura, Educación e OU!)
- CRA de Meis. Meis. Primeiros programas.
A imaxe que ilustra esta entrada corresponde ao laboratorio de radio do CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra)
"Radio na biblio" en marcha
O programa RADIO NA BIBLIO está dando xa os primeiros pasos nos 20 centros seleccionados nesta primeira convocatoria. Chéganos noticia de inauguración de espazos xa preparados, de emisoras xa en marcha e de obradoiros nos propios centros (tal e como estaba previsto) para formarse alumnado e profesorado nos rudimentos para botar a andar cadanseu laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar.
Así, na páxina web do CEIP P. de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) podemos ver a preparación dun recuncho do centro como emisora de radio, cun resultado fantástico. Imaxinamos á rapazada desexosa de traballar nese laboratorio de radio.
Tamén neste centro celebraron xa un obradoiro formativo con membros do colectivo PONTE NAS ONDAS, destinado ao alumnado e que podemos ver en detalle na información que subiron ao seu blogue de biblioteca.
Outro centro que está preparando xa o seu laboratorio de radio é o CRA de Meis (Meis, Pontevedra), tal e como anuncian no seu blogue.
Realizaron tamén un primeiro obradoiro de formación foi o CEIP Agolada (Agolada, Pontevedra), desta vez co grupo Laboratorio de Radio, do que se poden ver imaxes nesta ligazón do seu blogue: Agolaín Radio. Pódese escoitar xa unha primeira emisión elaborada polo alumnado.
Outros centros comezaron tamén a formación, desta vez con membros do colectivo Rede Espora, foron o CEIP Virxe do Carme, de Sober (Lugo), o CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos (A Coruña), o IES de Porto do Son, o CEIP Milladoiro, de Malpica (A Coruña)ou o CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal (Pontevedra).
Este último centro vén de convocar un concurso de ideas entre o seu alumnado para a elección dun nome e un logo específico para o seu laboratorio de radio. Pola súa parte, nenas e nenos do CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo), visitaron como iniciación ao mundo da radio a emisora local da cadena Ser en Monforte, como podemos ver no seu blogue. E tamén irán de visita a unha radio local, neste caso a emisora Cope de Pontevedra, alumnos e alumnas de 5º curso do CEIP Valle-Inclán, de O Grove (Pontevedra), que xa teñen tamén os materiais para montar o seu laboratorio de radio, segundo informan no seu blogue.
Logo: Radio na Biblio
Ofrecemos, a continuación, diferentes imaxes do logo de Radio na Biblio para poder ser empregados tanto en contornas web como en documentos impresos.
Imaxes para a web
Imaxes para a web en diferentes tamaños:
Imaxe: 256px | Outros tamaños: 64px - 96px
Imaxes para documentos
Imaxes para impresión en documentos:
Documento de exemplo cos diferentes tamaños: RB_print_modelos.pdf
Código HTML para crear un BLOQUE co logo de Radio na Biblio
Bloque centrado, imaxe con ligazón, tamaño: 96 x 96 píxeles:
Descarga de ficheiros
Pódense descargar todos os ficheiros desde a seguinte ligazón: DESCARGAR ZIP
"Radio na biblio" - 2017/2018. Centros seleccionados.
O Portal Educativo publica hoxe a Resolución do 17 de novembro de 2017, da D.X. de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación de centros que se integran nesta primeira convocatoria do Proxecto "Radio na biblio", durante o curso 2017/2018, unha iniciativa destinada a introducir un laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar en centros que forman parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares.
"Radio na biblio" pretende contribuír ao desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio no contexto destas bibliotecas. Pode axudar, así mesmo, a ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltipel e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. Cando a biblioteca incorpora un laboratorio de radio pode impulsar novos proxectos de carácter interdisciplinario, vinculados á educación para as competencias en información e medios. O laboratorio de radio, na biblioteca escolar, poderá estár asociado a un programa de voluntariado na biblioteca.
"Radio na biblio"
O Portal Educativo publica a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e RRHH, de 17 de outubro de 2017, pola que se elixirán 20 centros integrados que teñan interese en introducir a radio na súa biblioteca escolar. Poden participar centros que acollen alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou formación profesional e que estean integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2017/2018.
Es proxecto piloto "RADIO NA BIBLIO" pretende estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a "centros creativos de aprendizaxes" e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares, co fin de favorecer e apoiar proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado. Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. O laboratorio de radio na biblioteca escolar poderá estar asociado a un programa de voluntariado na biblioteca.
Para a selección dos centros terase en conta a actividade da biblioteca escolar no curso precedente, así como a prioridade dos centros localizados en concellos de ámbito rural, procurando unha distribución equilibrada polo territorio galego. Estes centros recibirán contías destinadas á posta en marcha do proxecto e das actuacións que supoña, incluída a realización dun obradoiro de formación para o alumnado que se considere. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro.
Imaxe que ilustra esta entrada está tomada do blogue do CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra), un centro pioneiro na inclusión dun "Laboratorio de comunicación" para a formación do seu alumnado en competencia mediática e informacional.