Convocatoria do proxecto Radio na Biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019

Xov, 06/09/2018 - 09:05
Convocatoria do proxecto Radio na Biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019

Xúntase arquivo coa Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 5 de setembro de 2018, do proxecto Radio na biblio,  para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos (integrados no PLAMBE), que matriculan alumnado de infantil, primaria e secundaria, para o curso 2018/2019. Esta acción responde a varios desafíos do Plan LÍA 2016/2020 de bibliotecas escolares, concretamente os relacionados coas Alfabetizacións múltiples , As competencias ALFIN/AMI e A biblioteca como centro creativo de aprendizaxes

Seleccionaranse 30 bibliotecas escolares para a súa incorporación a este programa. Os centros integrados  en Radio na biblio na súa primeira convocatoria poderán solicitar a súa continuidade.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2018.