Proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros Plambe

Mér, 18/10/2017 - 13:52

Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 17 de outubro de 2017, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato ou formación profesional (ver punto 3, apartado 1) integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2017/2018.

  • Data límite de solicitude: 31 de outubro de 2017.