Centros seleccionados para o proxecto "Radio na biblio" para o curso 2017/2018

Lun, 20/11/2017 - 10:31

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 17 de novembro de 2017, pola que se dá a coñecer a relación dos 20 centros que se integran no proxecto piloto "Radio na biblio", para a introdución da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares que matriculan alumnado de infantil, primaria e secundaria, para o curso 2017/2018.