Cando Cristina Collazo e a Banda de Bandeira visitan a escola e empezan a tocar... Xorde a maxia e pasamos uns momentos inesquecibles. Moitas grazas á Banda de Bandeira por unha mañá marabillosa.
CAMBIO DE HORARIO
Lembramos ás familias que o vindeiro MARTES día 1 de outubro cambiará o horario de entrada e saída do colexio.
XORNADA PARTIDA
(Outubro - Maio)
Horario de Clases de Luns a Xoves: (mañás) 9:20h. - 13:50h. / (tardes) 15:20h. - 16:10h.
Horario de Comedor Escolar: 13:50h. - 15:20h.
Saída alumnado de ED. Infantil 16:05h.
Venres: 9:20h. - 13:00h.
Horario de Comedor Escolar: 13:00h. - 14:00h.
Saída do alumnado 14:00h.
XORNADAS DE ESGRIMA PARA PRIMARIA
O pasado 17 de setembro o alumnado de primaria tivo a sorte de contar coa visita de Xosé e Adrián do Club de Esgrima de Silleda. Aprenderon un montón de cousas deste deporte olímpico e paralímpico, no vídeo tedes un resumo dunha actividade do máis interesante e divertida.
DÍA NON LECTIVO
Queridas familias, o próximo xoves día 19 de setembro será día non lectivo no noso Centro,xa que é festivo no noso Concello e polo que non haberá clases.
Un saúdo
A Dirección
INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE DE COMEDOR CORRESPONDENTE AO CURSO 2024-25
Nos arquivos adxuntos está toda a información relativa á solicitude do servizo complementario de comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2024/25.
* As autodeclaracións entregaranse na secretaría do centro entre o 2 e o 5 de xullo en horario de 9:30 a 13:00h.
ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2024/2025
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP RAMÓN DE VALENZUELA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.
Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
O director do centro.
Bandeira, 30 de xuño de 2024.