Voz Natura
Reciclando por samaín
Chega novembro e chega o samaín, e como non podía faltar este ano comezámolo reciclando, pois todas as figuras de seres fabulosos da mitoloxía oral galega que creamos partiron de vellos cartóns, mirade o ben que nos quedou:
Día da paisaxe
Como todos e todas sabedes, o pasado 20 de outubro celebramos no cole o día da paisaxe, noraboa a tod@s porque fixemos un collage super bonito con todos os vosos debuxos:
Noticieiro natural
Creamos unha zona onde podemos poñer todas as noticias que vexamos e teñan relación con oso proxecto, tanto relacionadas co medioambiente, a reciclaxe como novas que nos chamen a atención, queredes ver cantas temos xa? Atentos que aí van:
Arrancan as patrullas de patios
Coma todos os anos continuamos coas nosas patrullas de patios, as que están pendentes día día de que o noso patio se manteña limpio de lixo.
Como novidade este ano temos os grupos mesturados de forma que estamos con compañeiros de diferentes idades.
A continuación vemos as primeiras fotos das nosas patrullas de patios, pero tranquilos que pronto sairedes as que faltades.
Recuncho patrullas de patios
Xa que comezamos o curso creando recunchos, como se nos ía olvidar facer un para as nosas patrullas. Nel podemos ver cando nos toca a cada un e tamén exponer as nosas propias fotos realizando as patrullas, asique estade moi atentos ao tablón deste recuncho!!:D
Creando o noso recuncho de reciclaxe
Continuamos no mes de setembro creando o noso novo recuncho de reciclaxe, decidimos poñelo pretiño da nosa horta, xa que pasamos moito por alí e así nos resulta moito máis sinxelo para levar as cousas a reciclar. E lembrade, se queredes reciclar pilas, tapóns, tóners de impresoras, plástico, papel ou orgánico so tedes que pasar ao noso recuncho e facelo!!=)
Redecorando e preparando a nosa horta
Durante este mes de setembro comezamos a adecentar a nosa horta e por suposto a decorar a porta para acceder a ela, que mellor forma de que os máis pequenos que comezan poidan vela e empezar a coñecela.
Ademais creamos un recuncho onde temos as ferramentas máis esenciais para a nosa horta.