Educación Infantil

EXPERIMENTOS COA AUGA POR 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de infantil estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon. O seu traballo rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa creación dun Lapbook e moitísimos aprendizaxes. Picade na foto e poderedes ver os seus experimentos e o seu traballo.

Facendo o camiño

O alumnado de Ed. Infantil durante estas últimas semanas estiveron traballando sobre o Camiño de Santiago.

Deixámosvos unha pequena mostra.

 

 

Caricaturas Xela Arias Ed. Infantil

O alumnado de 6º de Educación infantil elaborou unhas caricaturas de  Xela Arias nun taller de pintura. Visualiza o vídeo e descobre o seu gran traballo!

 

Pombiñas da Paz

O alunmnado de Educación infantil elaborou as súas pombiñas viaxeiras para conmemorar o día da Paz. No seguinte video poderedes comprobar o gran traballo feito!!

 

Pulseiras Terroríficas

Este ano o alumnado de Educación Infantil  realizou unha pequena manualidade para conmemorar a festividade do Samaín. Preme no video e non te perdas o bo traballo que fixeron!!!.

 

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

Descarga os documentos adxuntos para ver as tarefas da semana do 1 ao 5 de Junio.
Un saúdo.
Isabel

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

 Ola familias!:

Para esta semana do 1 ao 5 de xuño envíovos unhas fichiñas de lectoescritura e de lóxica-matemáticas que podedes descargar nos documentos adxuntos. A partir do mércores 3 como xa ides dispoñer dos libros aproveitaremos ese material para que os nenos/as fagan nas vindeiras semanas.... 
Un saúdo
Carmen

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 DE XUÑO AO 5 DE XUÑO.

Descargar o arquivo adxunto para acceder ao traballo

Un saúdo

A titora de 3 anos

A arte de 6º de Infantil

Ola familias!! Os nenos e nenas de 6º de infantil souberon aproveitar o tempo nesta etapa de corentena. Son uns artistas e así nolo amosan neste vídeo.

Agardamos que vos guste tanto coma a nós!!

 

TAREFAS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO 25 DE MAIO AO 29 DE MAIO

Descarga os documentos adxuntos para ver as tarefas da semana do 25 ao 29 de maio.
Un saúdo.
Isabel

 

Powered by Drupal - Design by artinet