12 meses, 12 paisaxes, Xogade

FLASHMOB

Airiños, airiños aires.

A seguinte presentación está relacinada coa actividade, "Libera un poema" que se vén celebrando no centro para conmemorar o día das Letras Galegas. Este ano eleximos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo do cento cincuenta aniversario da súa publicación e o alumnado de 5º de Primaria recitou "Airiños, airiños aires". A maioría das fotografías foron feitas polos nenos/as e a letra e música é a que empregou Pucho Boedo para o mesmo poema.

FLASHMOB

fLASHMOB

ABADES

No arquivo adxunto podedes ver o PowerPoint, da parroquia de Abades, feito por Martín Rodríguez de sexto de Primaria.

Esta información está tamén incluída, con outro formato, no mapa.

Unha paisaxe de montaña. Educación Artística

Traballo en equipo realizado recortando en papel de periódico todas as formas. A continuación faise a composición sobre papel contínuo e por último dáselle cor  con ceras brandas e repásanse os perfís. Acábase con cola branca.

Unha paisaxe de montaña. Educación Artística

Mapa de paisaxes dos arredores de Bandeira

Ver A paisaxe nos arredores de Bandeira nun mapa máis grande.

Este mapa engloba a maior parte do traballo realizado sobre a paisaxe. Nel aparece a relación de parroquias sobre as que se traballa no proxecto. O traballo de campo recóllese nas fotografías que aportaron e comentaron os nenos e nenas de Terceiro Cilclo." Clicando" en calquera  delas, aparece unha foto representativa e no pé de foto inclúese un enlace que leva ao álbum correspondente.

Powered by Drupal - Design by artinet