Blog

LIBROS QUE ALIMENTAN

Durante a Semana do Libro o alumnado do cole participou nun intercambio simbólico de alimentos non perecedeiros por contos (libros froito do expurgo da Biblioteca). Os alimentos recollidos foron entregados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Picade na imaxe e podedes acceder á información ampliada no Blog da Biblioteca.

SEMANA DA PRENSA

Estamos na SEMANA DA PRENSA!! Ao longo desta semana haberá distintas actividades cun xornal por medio. Polo de pronto o alumnado de 3º e 4º invitou a dous periodistas do Faro de Vigo, a Xan Salgueiro (redactor) e a Javier Lalín (fotógrafo) para facerlles unha entrevistas. Eles sacáronnos na prensa e nós fixemos unha páxina de xornal dedicada a eles. Se picades na imaxe podedes ver a nova no Faro de Vigo.

 

OS CACHARELOS VISITARON O NOSO COLE

Os Cacharelos son personaxes que protagonizan o domingo do Entroido en Lalín. Engalanados con roupas de cores laranxas, amarelas e vermellas que lembran as lapas de lume das cacharelas e cunha máscara que imita o "Mascarón" da obra de Laxeiro, achegáronse ao noso cole a falarnos e darnos a coñecer a tradición deste Entroido que está medrando rapidamente.

Picade na imaxe para ver todo o que aprendemos.

ALTO DOS XENERAIS INFANTIL

En Bandeira o Entroido é unha tradición e calquera que pase pola zona non pode deixar de ver o "Alto dos Xenerais". Na escola temos a sorte de contar cuns "xenerais" moi especiais que cada ano veñen a facer, en primicia o "Alto dos Xenerais Infantil" para os compañeiros e compañeiras do cole. É o mellor alto que podedes ver neste Entroido!! Picade na imaxe e veredes!!

8M Celebración do día da Muller

Deixámovos aquí unha pequena mostra dos actos realizados para a celebración do Día da Muller Traballadora pola comunidade escolar do Ceip Ramón de Valenzuela. Coma sempre estamos moi orgullosos de sermos unha comunidade que reivindica a total igualdade de mulleres e homes, e de que o noso alumnado vaia criando os alicerces dun mundo futuro igualitario e solidario.

Exposición das Mulleres Bravas e Loitadoras dentro do Proxecto de Centro FORTES coma ÁRBORES.

 

Mural feito coas fotos de todo o alumnado do noso Centro.

 

 

Video onde se mostra como entenden o día 8 de Marzo os nenos e nenas de 2º de Primaria e a nosa dedicación a María Tarsy Carballas. Edafóloga, coidadora dos solos dos montes.

25 de Novembro Día Internacional contra a violencia de xénero

Preme na imaxe é accede o traballo realizado polo alumnado do noso Centro con motivo desta conmemoración.

 

Parabéns na hora de comer... na corentena

Dende hoxe podedes escoitar en Radio Garabullo un novo programa de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer". Un programa moi especial pois está feito dende a casa. Rosalía e Brais os vosos locutores favoritos queren felicitar en nome de todos aos nenos e nenas que cumpriron anos dende o último programa, o 9 de marzo, ata hoxe. Este é o primeiro desta corentena, aínda que coma sempre, seguirá emitíndose todos os luns. Non deixedes de escoitalo!!

Xuntos nas Ondas

Hoxe nace un novo programa en Radio Garabullo: "Xuntos nas Ondas". Un programa que pretende o obxectivo de manternos en contacto neste tempo de corentena. Se pinchades na imaxe podedes acceder a máis información e máis abaixo podedes escoitar o programa número 1.

Contamos coa vosa participación!!

 

 

 

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" (9-3-2020)

Hoxe tivemos na hora da comida unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" da man de Ainhoa e Brais. Podes escoitar o podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!

Entrevista Cristina Collazo

Hoxe tivemos no colexio a visita da actriz bandeirense Cristina Collazo. Visitou Radio Garabullo contando unha morena de curiosidades e respondendo a tódalas preguntas que fixeron o alumnado do primeiro curso de primaria.

Escoitade a entrevista e veredes canto aprendedes!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet