Curso 2021-22

AULA MIXTA 5º/6º: ALGÚNS XA SE VAN PARA O INSTITUTO... XUÑO 2022

PREMA NA FLECHA PARA LEMBRAR ALGÚNS MOMENTOS DO CURSO. ATA SEMPRE ÓS DE SEXTO! OS DE QUINTO IRÁN DETRÁS...

 

AULA MIXTA 5º/6º: ALGÚNS XA SE VAN PARA O INSTITUTO...XUÑO 2022

 

PREMA NA FLECHA PARA LEMBRAR ALGÚNS MOMENTOS DO CURSO. ATA SEMPRE ÓS DE SEXTO! OS DE QUINTO IRÁN DETRÁS...

 

Apertura do prazo de formalización de matrícula

Ábrese o prazo de formalización de matrícula para o novo alumnado do centro. O prazo abrangue do día 20 ao 30 de xuño.

Podedes recoller o impreso (Anexo III) na secretaría do centro ou ben descargalo aquí.

O horario para entregar a documentación pendiente e este impreso na secretaría é de 10:00 a 13:00 h.

O alumnado xa escolarizado no centro non precisa realizar ningún trámite.

 

Horario mes de Xuño

Lembramos ás familias que o vindeiro MÉRCORES día 1 de xuño cambiará o horario de entrada e saída do colexio.

 

HORARIO MES DE XUÑO

 

XORNADA LECTIVA DE 9:40h A 14:30h

 

Apertura de portas para acceso ao colexio 9:30h

 

COMEDOR DE 14:30h A 15:40h

 

SAÍDA do alumnado TRANSPORTADO DO CENTRO

 

15:40h: Empresa Lázara (Piñeiro-Dornerlas-Cira)

                 Autocares Lázara (Lamela-Cervaña-Moalde)

 

15:45h: Empresa Cuiña (Chapa-Rellas-Escuadro)

   Empresa Cuiña (Chapa-Escuadro)

 

     15:50h: Mombús (Bandeira-Mandúas-Pazos-Abades)

             SAÍDA do alumnado NON TRANSPORTADO

 

 

Este horario poderá sufrir variación de ata 5 minutos ou máis debido a motivos de organización.

 

Prégase puntualidade ás familias do alumnado non transportado.

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na

Orde do 29 de abril de 2022 .

Destinatarios: 

- Fondo libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2020.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro de 09:30 h a 13:00h no horario de secretaría.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

 

Día NON Lectivo

 Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo LUNS 16 de MAIO será NON LECTIVO no noso Centro.

O MÉRCORES 18 retomaranse as clases con regularidade.

Un saúdo
A Dirección

 

 

A semana do Libro

 Aínda que a Semana do Libro queda atrás, para nós aínda está presente. O pasado xoves tivemos a sorte de contar coa visita de Xosé Luna e Charo Golmar dous grandes poetas da nosa contorna. Con Luchi ilustradora de contos e antiga alumna desta escola e con Manoele de Felisa que ten o don de coller un poema e darlle vida coa súa guitarra.

Despois de tanto tempo separados pola pandemia foi un acto fermoso e entrañable que abreu a nosa imaxinación e a creatividade.

De momento deixamos un pequeno vídeo dun día que xa non esqueceremos.

 

 

Semana do Libro estivo marcada pola elaboración de varias actividades nos diferentes cursos: vídeos, recitados, programas de radio, caligramas, composicións plásticas, e mesmo a edición dun libro propio! Se queredes disfrutar de todo este traballo invitámosvos a que os pasedes polo Blog da Biblioteca premendo na imaxe do noso Hall.

Aberto o prazo para o campamento de verán

A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este venres día 29 o prazo de inscrición para o campamento de verán,  que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o venres e ata o 20 de de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal). Os nenos e nenas que xa estén participando no Servizo Lúdico deberán de presentar documentación distinta das novas altas que se den para o verán.

NOVA NORMATIVA DE AVALIACIÓN PARAS AS ETAPAS DE ED. PRIMARIA

  • Con data do 11 de febreiro publicouse no DOG a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e do bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet