Aberto o prazo para o campamento de verán

A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este venres día 29 o prazo de inscrición para o campamento de verán,  que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o venres e ata o 20 de de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal). Os nenos e nenas que xa estén participando no Servizo Lúdico deberán de presentar documentación distinta das novas altas que se den para o verán.

Powered by Drupal - Design by artinet