Espazos

Imaxes da Biblioteca

Día Mundial da Radio: Novo mundo, nova radio

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades. Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar.

Radio Garabullo, a nosa Radio, a Radio do Ceip Ramón de Valenzuela quere sumarse a esta celebración cunha serie de actividades que estivemos preparando  para esta xornada e que iremos descubrindo pouco a pouco.

 

 

DIGICRAFT NO COLE

DigiCraft no teu cole é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Amtega e a Fundación Vodafonte España que ten por obxecto potenciar o desenvolvemento da competencia dixital. Trátase dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e a experimentación.

O alumnado de 4º, 5º e 6º participa neste programa en sesións dunha hora semanal Xa traballaron coa realidade aumentada, aprenderon a facer un videoxogos e a facer pescudas na rede en busca de información.

Premede na imaxe e veredes coma aprender é divertido!!

Powered by Drupal - Design by artinet