3º Educación Primaria

Os Bolechas chaman o 112

Braulio Bolechas estivo este martes co alumnado de terceiro de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.

 

 

A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, Braulio explicou cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso.

 

Os nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. 

Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico recibido ao final da actividade.

 

 

Tarefas para as últimas semanas de curso

Ola meus numerosos!!

Xa estamos a piques de rematar o curso!! Hoxe colgamos as últimas tarefas desta etapa!!

Aínda así seguiremos en contacto ó longo destas dúas semanas para intercambiar tarefas feitas e tarefas corrixidas, así que seguide traballando e preguntade calquera dúbida que teñades.

Non esquezades revisar as propostas dos especialistas e do Equipo de Orientacion.

Sodes un grupo moi especial. Traballade moito e demostrade todo o que valedes.

Lembrade que o verán é moi longo e non deixedes de seguir traballando un pouquiño ó voso ritmo. Sempre podedes atopar ideas voltando a revisar as propostas que colgaron os especialistas ou indo ó voso Blog. Outra idea é entrar nas actividades propostas polo Equipo de Orientación cheas de xogos matemáticos, de lecturas, de xogos de palabras,...  adaptadas a todas as idades.

Pasade un marabilloso verán!!

Moitos bicos e apertas "Meus Numerosos"

 

 

 

Tarefas para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Ola meus numerosos!! Xa chegou Xuño e respírase a fin de curso... pero aínda quedan tres semanas de traballo. Non baixedes a garda e seguide traballando. Mandádeme o que esteades facendo. O traballo ben organizado é pouco traballo e trae moitas alegrías. Feliz semana!!

Unha grande aperta!!!

Tarefas para a semana do 25 ao 29 de maio

Ola meus numerosos!! Xa queda pouco pois entramos na última semana de Maio. Revisade todos os arquivos e lede todo con atención. Non é moito traballo se o organizades ben. Non esquezades revisar as aportacións dos especialistas. 

Unha aperta!!

Tarefas para a semana do 18 ao 22 de maio

Ola numerosos!! Seguindo coa pauta das pasadas semanas tedes un arquivo informativo de todo o que debedes facer e despois as fichas por áreas. 

Lembrade visitar as páxinas dos especialistas e as actividades propostas por Mª Jesús pois propuxo xogos moi interesantes para reforzar as fichas que repasamos a pasada semana, así coma contos e outros xogos interesantes.

Facede un horario de traballo para ter tempos de xogo e de traballo.

Moito ánimo que xa queda pouquiño!!

Unha aperta meus numerosos!!

Xuntos nas Ondas e Desplastifícate

Ola numerosos!! Como levades o traballo? Xa empezan a chegar os vosos anuncios de "Desplastifícate" e están sendo empregados na Radio. Escoitade o consello de hoxe e non deixedes de seguir mandando consellos para reducir o consumo de plásticos e a contaminación.

Unha aperta meus numerosos!!

 

Tarefas para a semana do 11 ao 15 de maio

Ola meus numerosos!! Estamos na Semana das Letras Galegas, levades traballo referente a Ricardo Carvalho Calero, persoeiro ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Levades en primeiro lugar un arquivo informativo. LEDE BEN TODO antes de comezar a descargar cousas, calquera cousa comentádemo por teléfono ou correo electrónico.

Despois tedes as fichas separadas por áreas.

Non deixedes de mirar as tarefas propostas polos especialistas incluídas as propostas polo Equipo de Orientación.

E aproveitade as salidas e paseos para xogar e divertirvos.

Unha aperta numerosos!!

 

Tarefas para a semana do 04 ao 08 de maio

Ola numerosos!! Como xa quedamos a pasada semana quedan aquí colgadas as tarefas semanais. Non esquezades revisar as tarefas de inglés, música, relixión e EF. Tamén tedes a posibilidade de consultar as propostas do departamento de Orientación. Son moi dinámicas e podedes pasar un bo rato con moitas das actividades propostas. Tampouco deixedes de consultar o Blog pois teredes material de apoio ou para facer se queredes.

Pasade unha boa semana meus pícaros!!

Un biquiño!!

TAREFA para o MÉRCORES 29 de Abril

Ola numerosos!! Xa tedes máis actividades!! Xa sabedes se leva moito tempo avisade e reducimos traballo!! Moito ánimo!!

Xuntos nas Ondas 3

Ola numerosos!! Sabiades que Reina Esther participou na radio contando como pasaba a corentena? É moi interesante a entrevista. Animádevos o resto a contarnos cousiñas para a radio. Escoitade!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet