Os Bolechas chaman o 112

Braulio Bolechas estivo este martes co alumnado de terceiro de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.

 

 

A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, Braulio explicou cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso.

 

Os nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. 

Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico recibido ao final da actividade.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet